Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Mércores, 18 de xaneiro de 2017 Páx. 2763

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, do servizo relativo a apoio técnico para o control das subvencións ás entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, tramitación anticipada por procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia de Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: servizo.

Descrición do obxecto: servizo de apoio técnico para os traballos de verificacións técnicas in situ dos proxectos dos concellos de Galicia susceptibles de ser cofinanciadas con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e solicitados ao amparo da resolución na que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a entidades locais para o fomento da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos no medio rural, segundo se recolle no punto 8 do presente prego de prescricións técnicas.

Prazo de execución: empezará a contar a partir da data de sinatura do contrato e finalizará una vez levados a cabo os traballos descritos no presente prego sendo a data límite o 23 de decembro de 2017.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: anticipada.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 80.000,00 €.

IVE (21 %): 16.800,00 €.

Importe total IVE incluído: 96.800,00 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas do servizo poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia de Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=99267

Información sobre a contratación:

Teléfono: 981 54 02 75.

Correo electrónico: contratacion-turismo.cpr@xunta.gal

7. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público. Se o día de finalización do prazo fose sábado, domingo ou festivo, prorrogarase ata ou primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Axencia de Turismo de Galicia, estrada Santiago-Noia, km 3 (A Barcia), 15897 Santiago de Compostela, en sobre pechados. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa, tendo en conta os criterios que figuren no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B e sobre C terá lugar na sala de xuntas da Axencia de Turismo de Galicia na data e na hora que será anunciada, con 3 días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.gal

10. Gastos do anuncio por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia