Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2017 Páx. 6699

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, para a contratación do servizo de mostraxes piscícolas de especies de interese comunitario e de zonas de especial conservación (ZEC) ou de alto valor natural nas catro provincias galegas, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rexional (Feader) nun 75 % no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) para Galicia 2014-2020.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Contratación e do Patrimonio.

2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 881 99 53 85.

5º. Telefax: 881 99 93 26.

6º. Correo electrónico: tramitacion-contractual.cmot@xunta.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=108740

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do derradeiro día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 75/2016 CN.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo de mostraxes piscícolas de especies de interese comunitario e de zonas de especial conservación (ZEC) ou de alto valor natural nas catro provincias galegas.

c) División por lotes e número: si. 4 lotes: número 1.1 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de execución/entrega: número 3 do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: número 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares e número 8 do seu cadro de características.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90712400-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os especificados no número 3.6.1 do prego de cláusulas administrativas particulares e número 10 do seu cadro de características.

4. Valor estimado do contrato: 260.518,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 260.518,00 euros. Importe total: 315.226,78 euros.

Lote 1. Importe neto: 13.743,04 euros. Importe total: 16.629,08 euros.

Lote 2. Importe neto: 43.802,78 euros. Importe total: 53.001,36 euros.

Lote 3. Importe neto: 125.957,90 euros. Importe total: 152.409,06 euros.

Lote 4. Importe neto: 77.014,28 euros. Importe total: 93.187,28 euros.

Esta contratación é financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rexional (Feader) nun 75 % no marco do Programa de desenvolvemento Rural (PDR) para Galicia 2014-2020. A actuación encádrase na prioridade 6 dentro da Mmedida 7 «Servizos básicos e renovación das poboacións das zonas rurais» e na submedida 07.60, «Estudos/investimentos vinculados ao mantemento, recuperación e a rehabilitación do patrimonio cultural e natural das poboacións, das paisaxes rurais e das zonas con alto valor natural, incluídos os seus aspectos socioeconómicos, así como as iniciativas de sensibilización ecolóxica».

6. Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE:

Lote 1. Importe: 687,15 euros.

Lote 2. Importe: 2.190,14 euros.

Lote 3. Importe: 6.297,90 euros.

Lote 4. Importe: 3.850,71 euros.

7. Subcontratación: de acordo co establecido no número 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no número 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e no número 5 do seu cadro de características.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 de marzo de 2017, ás 14.00 horas.

b) Modalidade: a sinalada no número 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

2º. Domicilio: rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites a que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: rúa San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e hora de apertura dos sobres B e C.

11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial das Comunidades Europeas: 3 de febreiro de 2017.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2017

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio