Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2017 Páx. 9030

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

CORRECCIÓN DE ERROS da Orde do 31 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria, tramitadas como expediente anticipado de gasto, para o ano 2017, para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a organizacións de produtores pesqueiros e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia, núm. 17, do mércores 25 de xaneiro de 2017, realízanse as seguintes correccións:

Na páxina 3.800, artigo 12, número 2, onde di: «... a suma dos custos elixibles non poderá superar o 3 % do valor medio anual da produción comercializada pola organización de produtores pesqueiros ou unha asociación de organización de produtores, durante os tres anos anteriores ao da publicación da correspondente convocatoria», debe dicir: «... a axuda concedida anualmente non poderá superar o 3 % do valor medio anual da produción comercializada pola organización de produtores pesqueiros ou unha asociación de organización de produtores, durante os tres anos civís anteriores ao ano de vixencia de cada plan de produción».

Na páxina 3.801, artigo 14, número 1, letra h, onde di: «... declaración responsable de empresas vinculadas, se é o caso», debe dicir: «... declaración responsable de empresas vinculadas.».

Na páxina 3.804, artigo 14, número 6, letra h, onde di: «... declaración responsable de empresas vinculadas, se é o caso», debe dicir: «... declaración responsable de empresas vinculadas.».

Na páxina 3.825, anexo I (continuación), epígrafe documentación que se presenta, onde di: «Anexo VIII. Declaración responsable de empresas vinculadas, se é o caso.», debe dicir: «Anexo VIII. Declaración responsable de empresas vinculadas.».

Na páxina 3.833, anexo VIII, onde di: «... (só no caso de que proceda. Artigo 11.6 desta orde)», debe dicir: «... (Artigo 11.6 desta orde)».

Esta corrección de erros implica a reapertura do prazo para presentar as solicitudes regulado no artigo 13 da dita Orde do 31 de decembro de 2016. Polo tanto, o prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, iníciase, a partir da mesma data, de novo o cómputo do prazo para resolver regulado no artigo 18, número 2, da citada orde de convocatoria de subvencións.