Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2017 Páx. 10230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, mediante procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, tramitación urxente e criterio de prezo, do servizo de vixilancia e seguridade en varios centros de Pontevedra (2 lotes) (expediente 1/2017).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade en varios centros dependentes da Secretaría Xeral para o Deporte en Pontevedra.

c) División por lotes e número de lotes: dous lotes.

Lote 1: servizo de vixilancia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Lote 2: servizo de vixilancia e actividades complementarias da Casa do Deporte de Vigo.

d) Prazo de execución: doce meses (12) a partir da sinatura dos contratos.

e) Admisión de prórrogas: si, poderá prorrogarse por un período de doce meses (12).

f) CPV: 79710000-4 servizos de seguridade. 79714000-2 servizos de vixilancia.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: douscentos tres mil novecentos vinte euros con noventa e catro céntimos (203.920,94 €).

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 101.960,47 €, IVE (21 %): 21.411,71 €. Importe total: 123.372,18 € e conforme a seguinte distribución por anualidades:

Lote 1: importe neto: setenta mil seiscentos oitenta e nove euros con sesenta e sete céntimos (70.689,67 €). Importe total: oitenta e cinco mil cincocentos trinta e catro euros con cincuenta e un céntimos (85.534,51 €).

Lote 2: importe neto: trinta e un mil douscentos setenta euros con oitenta e un céntimos (31.270,81 €). Importe total: trinta e sete mil oitocentos trinta e sete euros con sesenta e sete céntimos (37.837,67 €).

6. Garantías:

a) Garantía provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: cinco por cento (5 %) do importe de adxudicación (IVE excluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: consultar a letra H do cadro de características do PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: mediante a presentación dos documentos sinalados nas letras J e K do cadro de características do PCAP.

8. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría Xeral para o Deporte, Servizo de Contratación e Xestión Económica.

b) Domicilio: rúa Madrid nº 2-4, 2º andar. As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 881 99 63 52 e 881 99 63 49. Fax: 881 99 63 56.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

e) Consulta de pregos na rede da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=110981

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o derradeiro día de presentación coincidir en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no Rexistro da Secretaría Xeral para o Deporte (rúa Madrid nº 2-4, 2º andar. As Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela. Fax: 881 99 63 56. Tamén se poderá presentar por correo certificado, conforme as especificacións establecidas no PCAP.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: dependencias da Secretaría Xeral para o Deporte, rúa Madrid nº 2-4, 2º andar, As Fontiñas.

b) Localidade: 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: publicarase na plataforma de contratación pública de Galicia.

11. Outras informacións:

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará na plataforma de contratación o resultado da apertura, para que se emenden, se fose o caso e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na citada documentación.

12. Gastos do anuncio:

Por conta do adxudicatario, así como, se for o caso, a inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2017

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte