Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 8 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública duns bens inmobles situados nos concellos da Coruña, Padrón, Teo, A Baña, Mugardos e Castroverde.

A Consellería de Facenda, a través da mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, anuncia a realización das seguintes poxas de bens inmobles:

A) Ás 11.30 horas do día 18 de abril de 2017 no salón de actos da delegación da Axencia Tributaria de Galicia, situado na praza de Pontevedra, nº 22 da Coruña:

Dereito de uso da praza de garaxe número 63 da planta -1 do aparcadoiro soterrado da praza Mestre Mateo da Coruña. Referencia catastral: 7819101NJ4071N0001YM. Data de finalización do dereito: 18.3.2036. Acordo de alleamento do 14 de decembro de 2016.

Tipo de licitación da primeira poxa: 13.500,00 euros.

Tipo de licitación da segunda poxa: 11.475,00 euros.

Tipo de licitación da terceira poxa: 9.450,00 euros.

Tramo de poxa: 100 euros.

B) Ás 10.30 horas do día 20 de abril de 2017 na salón de actos número dous da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, situado no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela:

1. Un edificio e local anexo, de 140 e 30 m2 respectivamente, asentados sobre un soar chamado Gandarón, situado no lugar da Ramallosa, parroquia de Lucí, concello de Teo, de 690 m2. Referencia catastral: 7084105NH3378S0001RI. Acordo de alleamento do 10 de novembro de 2016. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 6.171, tomo 315, libro 76 e folio 22.

Tipo de licitación da primeira poxa: 79.982,00 euros.

Tipo de licitación da segunda poxa: 67.984,70 euros.

Tipo de licitación da terceira poxa: 55.987,40 euros.

Tramo de poxa: 1.000 euros.

2. Parcela nº 1 Areeira, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña) cunha superficie aproximada de 670 m2. Referencia catastral: 15066B503000010000FI. Acordo de alleamento do 8 de novembro de 2016. Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.628, tomo 487, libro 110 e folio 72.

Tipo de licitación da primeira poxa: 1.541,49 euros.

Tipo de licitación da segunda poxa: 1.310,27 euros.

Tipo de licitación da terceira poxa: 1.079,04 euros.

Tramo de poxa: 100 euros.

3. Parcela nº 1.024 Longás, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña) cunha superficie aproximada de 1.378 m2. Referencia catastral: 15066C503010240000IT. Acordo de alleamento do 8 de novembro de 2016. Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.680, tomo 487, libro 110 e folio 124.

Tipo de licitación da primeira poxa: 2.113,60 euros.

Tipo de licitación da segunda poxa: 1.796,56 euros.

Tipo de licitación da terceira poxa: 1.479,52 euros.

Tramo de poxa: 100 euros.

4. Parcela nº 1.037 Lareda, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña) cunha superficie aproximada de 1.070 m2. Referencia catastral: 15066C503010370000IE. Acordo de alleamento do 8 de novembro de 2016. Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.682, tomo 487, libro 110 e folio 126.

Tipo de licitación da primeira poxa: 1.409,51 euros.

Tipo de licitación da segunda poxa: 1.198,08 euros.

Tipo de licitación da terceira poxa: 986,66 euros.

Tramo de poxa: 100 euros.

5. Parcela nº 238 Ton, situada en San Cristovo de Corneira, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 1.332 m2. Referencia catastral 15007A516002380000JR. Acordo de alleamento do 3 de febreiro de 2017. Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.915, tomo 742, libro 150 e folio 151.

Tipo de licitación da primeira poxa: 1.916,69 euros.

Tipo de licitación da segunda poxa: 1.629,19 euros.

Tipo de licitación da terceira poxa: 1.341,68 euros.

Tramo de poxa: 100 euros.

6. Predio rústico; terreo dedicado a labradío, secaño e monte, no sitio de Altiboa, concello da Baña, número 355 do plano xeral de concentración parcelaria da zona do Divino Salvador da Ermida. Ten unha extensión superficial de 2.620 m2. Referencia catastral 15007A509003550000JQ. Acordo de alleamento do 3 de febreiro de 2017. Atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 10.187, tomo 1.582, libro 207 e folio 62.

Tipo de licitación da primeira poxa: 5.162,10 euros.

Tipo de licitación da segunda poxa: 4.387,79 euros.

Tipo de licitación da terceira poxa: 3.613,47 euros.

Tramo de poxa: 100 euros.

7. Parcela nº 174. Quintas, situada na Ermida, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 6.032 m2. Referencia catastral: 15007A509001740000JK. Acordo de alleamento do 3 de febreiro de 2017. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.407, tomo 867, libro 157 e folio 96.

Tipo de licitación da primeira poxa: 11.127,95 euros.

Tipo de licitación da segunda poxa: 9.458,76 euros.

Tipo de licitación da terceira poxa: 7.789,57 euros.

Tramo de poxa: 100 euros.

8. Parcela nº 144. Ferreiros, situada en San Cibrán de Barcala, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 580 m2. Referencia catastral: 0527503NH2502N0001ZY. Acordo de alleamento do 3 de febreiro de 2017. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.949, tomo 867, libro 157 e folio 18.

Tipo de licitación da primeira poxa: 2.202,49 euros.

Tipo de licitación da segunda poxa: 1.872,12 euros.

Tipo de licitación da terceira poxa: 1.541,74 euros.

Tramo de poxa: 100 euros.

9. Predio constituído por un terreo de 273 m2 sobre o cal se asentaba unha edificación que foi caseta de legoeiros na estrada AC-122 Mugardos-Cabanas, no punto quilométrico 3.837 no lugar da Chousa-San Xoán-Piñeiro, no concello de Mugardos (A Coruña). Referencia catastral: 4600011NJ6049N0001IP. Acordo de alleamento do 8 de novembro de 2016. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontedeume como predio nº 13.348, tomo 1.166, libro 133 e folio 217.

Tipo de licitación da primeira poxa: 12.630,00 euros.

Tipo de licitación da segunda poxa: 10.735,50 euros.

Tipo de licitación da terceira poxa: 8.841,00 euros.

Tramo de poxa: 100 €.

10. Rústico. Terreo de 692 m2 sobre o cal se asentaba unha edificación hoxe en ruína, que foi caseta de legoeiros, na estrada C-630 Pravia-Lugo, no punto quilométrico 40,0 no lugar da Casilla, no concello de Castroverde (Lugo). Referencia catastral: 27011A081003220000LX. Acordo de alleamento do 3 de febreiro de 2017. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 10.339 de Castroverde, tomo 1.166, libro 104 e folio 130.

Tipo de licitación da primeira poxa: 616,75 euros.

Tipo de licitación da segunda poxa: 524,24 euros.

Tipo de licitación da terceira poxa: 431,73 euros.

Tramo de poxa: 10 euros.

Os bens poxaranse independentes e os interesados poden concorrer a calquera deles. Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble perante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade previamente na caixa de depósitos.

Serán por conta dos adxudicatarios os custos dos anuncios, rateados segundo os tipos dos bens, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública da venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

Os pregos de condicións que rexen os presentes alleamentos están á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8-2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda (http://www.conselleriadefacenda.es/web/facenda/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procedementos-de-licitacion).

Teléfono de información: 981 54 41 51 e 981 54 58 67.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2017

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda