Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10912

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo de redacción do plan funcional e programa de espazos para o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (expediente AB-SER3-16-028).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-16-028.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación do servizo de redacción do plan funcional e programa de espazos para o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 75.12.20.00.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 172, do 9 de setembro de 2016 e na web do Servizo Galego de Saúde e Plataforma de Contratos de Galicia o 9 de setembro de 2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 66.115,70 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 66.115,70 €. IVA (%): 21 %. Importe total: 80.000,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27 de xaneiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 7 de febreiro de 2017.

c) Contratista: Gestión de Proyectos y Tecnología Médica, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 64.132,23 €. IVA (%): 21 %. Importe total: 77.600,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e os informes de valoración atópanse publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos