Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10842

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (566/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 566/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Pérez Espantoso contra María Teresa Ageitos Vidal, Kiburi, S.C. -Casa Tito-, Antonio Losada Rodríguez e Fondo de Garantía Salarial, se ditou a seguinte sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

A Coruña, 7 de febreiro de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, estes autos de procedemento 566/2016, seguidos perante este xulgado por instancia de María Pilar Pérez Espantoso, representada pola letrada Isabel Gil Sánchez, contra Kiburi, S.C. -Casa Tito- (María Teresa Ageitos Vidal, Antonio Losada Rodríguez), que non comparecen, e coa intervención do Fogasa que tampouco comparece, que leva acumulados os autos 107/2017 (antes 606/2016), dito sentenza de conformidade co seguinte:

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Pilar Pérez Espantoso contra Kiburi, S.C. -Casa Tito- (María Teresa Ageitos Vidal, Antonio Losada Rodríguez), declaro improcedente o despedimento da demandante e condeno os demandados a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 42,16 euros diarios, ou ben o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 10.181,64 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito, perante este xulgado, no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a María Teresa Ageitos Vidal, Kiburi, S.C. Casa Tito e Antonio Losada Rodríguez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza