Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 8 de febreiro de 2017, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de baixa da autorización turística e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 3 de xaneiro de 2017, de baixa do establecemento indicado no anexo, xa que intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso potestativo de reposición ante a Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 8 de febreiro de 2017

María Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra

ANEXO

Establecemento: Acapulco.

Signatura: V-PO-001123.

Razón social: Motel Acapulco, S.L.

Enderezo: Antonio Palacios, 147.

Concello: 36400 O Porriño.