Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10837

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1029/2016).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamento en xeral 1029/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guillermo Antonio Iorio contra Abeiradaría, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo aceptar e acepto a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Guillermo Antonio Iorio contra a entidade Abeiradaría, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento do que Guillermo Antonio Iorio foi obxecto con data do 28 de setembro de 2016 e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución (19.12.2016), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Abeiradaría, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 1.136,05 € e, por salarios de tramitación, a razón de 41,424 €, desde o despedimento ata a extinción da presente laboral, sen que proceda durante o período de incapacidade temporal do demandante, que se iniciou o 14.9.2016, ata a alta médica. Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial. Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado, no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado, a maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5, Pilar Carreira Vidal.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Abeiradaría, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza