Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 2 de marzo de 2017 Páx. 10900

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2017 pola que se notifican as resolucións ditadas no expediente IG179.2015.1.49 e dous máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por esta resolución notifícaselles ás interesadas o contido das resolucións, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento del.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles ás interesadas que contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela; Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG179.2015.1.49

Ivory & Bellagio, S.L.

Programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pemes (Re-solve 2015) (Resolución do 5 de xuño de 2015; DOG núm. 114, do 18 de xuño)

21.10.2016

Director xeral do Igape

Resolución de denegación de axuda

IG204.2014.1.143

Metropoliscomics A Coruña, S.L.

Apoio financeiro ás pemes – Bonificación dos custos do financiamento de préstamos superiores a 25.000 € con fondos do ICO 2014 (Resolución do 26 de maio de 2014; DOG núm. 103, do 2 de xuño)

21.12.2016

Director xeral do Igape

Resolución de incumprimento total

IG206.2014.1.120

Arconor Organización, Comunicación y Mercados, S.L.

Microcréditos – Bonificación dos custos do financiamento das microempresas titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000 € con fondos do ICO 2014 (Resolución do 26 de maio de 2014; DOG núm. 103, do 2 de xuño)

23.1.2017

Director xeral do Igape

Resolución de incumprimento total