Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 3 de marzo de 2017 Páx. 11033

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, sistema de acceso libre.

Na sesión que tivo lugar o 23 de febreiro de 2017, o tribunal do proceso selectivo convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, sistema de acceso libre, e modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Realizar os trámites para a publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao terceiro exercicio do proceso de selección.

Segundo. De acordo co establecido na base II.1.3 da orde da convocatoria, superaron o exercicio aqueles aspirantes que tivesen unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria, concédese un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do terceiro exercicio do proceso de selección.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de Función Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2017

Francisco Tomás Couso González
Presidente do tribunal