Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13599

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental desfavorable para o proxecto dunha planta de produción de combustible mediante gasificación de carbón empregando como enerxía térmica a producida por radiación solar, no concello de Viana do Bolo (Ourense) promovido por Paratermo Energía, S.L. (clave 2015/0090).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 20 de febreiro de 2017 relativa ao proxecto de implantación dunha planta de produción de combustible mediante gasificación de carbón empregando como enerxía térmica a producida por radiación solar, no concello de Viana do Bolo (Ourense), promovido por Paratermo Energía, S.L.

Esta declaración pódese consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático