Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

CÉDULA do 1 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación dunha resolución de expediente tramitado por esta entidade (expediente 2003/65-36).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a través do Boletín Oficial del Estado á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

A persoa interesada poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

O correspondente expediente consta no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, 8, 1º andar, 36201 Vigo, no prazo de dous meses desde o día seguinte á publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, onde poderá comparecer a persoa interesada para o coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

Vigo, 1 de marzo de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente: 2003/65-36.

Interesada: Mª Teresa Rivera Martínez.

DNI: 36169317T.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 1 de marzo de 2017.

Efectos xurídicos que produce a resolución: modificación tutela.