Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2017 Páx. 13584

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (518/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 518/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Francisco Santos Dios contra a empresa Moldsan, S.L.U., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«1º. Que estimando integramente a demanda interposta por Juan Francisco Santos Dios contra a entidade Moldsan, S.L.U., debo condenala e condénoa a que lle aboe a cantidade de 6.049,14 €.

2º. Que debo condenar e condeno o Fogasa a aterse a condena imposta á empresa demandada.

3º. Non se fai especial imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que, contra ela, poden interpoñer recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Moldsan, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza