Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2017 Páx. 14703

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 14 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás comunidades galegas no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

BDNS (Identif.): 339224.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

1. Entidades galegas asentadas fóra de Galicia que teñan recoñecida a categoría de comunidade galega ou de centro colaborador da galeguidade ao amparo da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade.

2. Federacións ou asociacións de entidades galegas inscritas ao abeiro da Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, que conten con local social diferenciado do das entidades asociadas.

Segundo. Obxecto

A concesión de subvencións ás entidades galegas no exterior para a realización dos programas:

– Programa A. Axudas para obras de ampliación, reforma, rehabilitación e conservación das súas instalacións e/ou do seu patrimonio cultural.

– Programa B. Axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 14 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestrutural e adquisición de equipamentos ás comunidades galegas no exterior e se procede a súa convocatoria para o ano 2017.

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito total de 575.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.781.0.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración