Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 11 de abril de 2017 Páx. 17240

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 7 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cen bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega.

BDNS (Identif.): 341795.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán solicitar estas axudas os cidadáns galegos residentes no exterior cunha titulación universitaria de grao, licenciado, enxeñeiro ou arquitecto.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de cen bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 7 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cen bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega.

Cuarto. Importe

Esta convocatoria terá carácter plurianual e para a concesión destas subvencións destinarase un total de 860.625,00 € con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.3 –Bolsas de excelencia para a mocidade do exterior– dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2017 e 2018, por un importe de 500.000,00 € para a anualidade 2017 e 360.625,00 € para a anualidade 2018.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 31 de maio de 2017, ás 24.00 horas (horario de España).

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2017

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración