Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18907

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo para a elaboración do Plan tecnolóxico de modernización do transporte público en Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0013).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a elaboración do Plan de sistemas de información para a modernización do transporte público en Galicia. O plan de sistemas será o marco de referencia para o desenvolvemento de sistemas de información que respondan aos obxectivos estratéxicos da Dirección Xeral de Mobilidade no período 2017-2020.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 13.1.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 40.134,30 €.

5. Orzamento base de licitación: 48.562,50 € (IVE incluído).

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23.3.2017.

b) Data de formalización do contrato: 31.3.2017.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 33.995,00 € (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia