Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18829

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1228/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1228/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luís Rial Andrade contra Ferrovial Agromán, S.A., Construcciones López Cao, S.L., Regal Tempo, S.L., UTE Conchiñas, Empresa Municipal Vivienda, Servicios y Actividades, S.A.-EMVSA, Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L., Fogasa, Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L.U. (administración concursal), UTE Ferrovial Agromán y Construcciones López Cao, S.L., Unión Temporal de Empresas, Ampliación Piscina, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

Sentenza 189/2017

PO. Procedemento ordinario 1228/2015

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 1228/2015

Demandante: Luís Rial Andrade

Letrado: Sr. Raña Vales

Demandadas:

– Construcciones López Cao, S.L.

– UTE Conchiñas

Letrada: Sra. Jurjo García

– Regal Tempo, S.L.

Letrado:

– Empresa Municipal Vivienda, Servicios y Actividades, S.A.-EMVSA

Letrado: Sr. Hortas García

– Ferrovial Agromán, S.A.

– UTE Ferrovial Agromán y Construcciones López Cao, S.L., Unión Temporal de Empresas

Letrado: Sr. Villalba Borruel

– Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L.U.

Letrado:

– Administración concursal de Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L.U.: comparece Pilar Cortizo Mella.

Sentenza nº 189/2017

A Coruña, 17 de marzo de 2017

Resolvo:

1º. Estimo a demanda formulada por Luís Rial Andrade contra Regal Tempo, S.L., UTE Conchiñas, UTE Ferrovial Agromán y Construcciones López Cao, S.L., Unión Temporal de Empresas e Empresa Municipal Vivienda, Servicios y Actividades, S.A. (EMVSA), e en consecuencia:

a) Condeno a Regal Tempo, S.L. a aboarlle ao demandante as seguintes cantidades:

a. En concepto de salarios debidos: 1.779,33 euros brutos.

b. Parte proporcional da paga extraordinaria de Nadal de 2014: 774,89 euros brutos.

c. Vacacións devindicadas e non desfrutadas polo demandante con data do cesamento: 489,30 euros brutos.

d. Indemnización polo remate do seu contrato temporal de obra ou servizo: 734 euros brutos.

Total: 3.777,52 euros brutos.

b) Desa cantidade total de 3.777,52 euros, condeno a UTE Conchiñas e a EMVSA a aboarlle ao demandante, de forma solidaria coa entidade Regal Tempo, S.L., as seguintes cantidades:

a. Salarios devindicados entre o 5 e o 7 de novembro de 2014: 127,08 euros brutos.

b. Parte proporcional da paga extraordinaria de Nadal de 2014 correspondente ao período indicado: 19,86 euros brutos.

Total: 146,94 euros brutos.

c) Da cantidade total de 3.777,52 euros brutos, condeno a UTE Ferrovial Agromán y Construcciones López Cao, S.L., Unión Temporal de Empresas, a aboarlle ao demandante, de forma solidaria coa entidade Regal Tempo, S.L., as seguintes cantidades:

a. Salarios devindicados entre o 10 de novembro e o 12 de decembro de 2014: 1.397,88 euros brutos.

b. Parte proporcional da paga extraordinaria de Nadal de 2014 correspondente ao período indicado: 218,55 euros brutos.

Total: 1.616,43 euros brutos.

2º. Tense por desistido Luís Rial Andrade das pretensións dirixidas contra Construcciones López Cao, S.L., Ferrovial Agromán, S.A. e Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L., que son absoltas de todas as pretensións dirixidas contra elas.

3º. O Fogasa e a administración concursal de Atlántica de Construcción y Medio Ambiente, S.L. deberanse ater a esta resolución, e o Fogasa nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS), cos límites previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores (ET).

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

Para que sirva de notificación en legal forma a Regal Tempo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 28 de marzo de 2017

A letrada da Administración de xustiza