Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18917

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal.

Aprobada inicialmente, mediante Acordo do Pleno do 23 de marzo de 2017, a seguinte modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Salvaterra de Miño:

– Modificación puntual nº 1. Muros de contención, muros de peche e movementos de terra.

– Modificación puntual nº 2. Fóra de ordenación.

– Modificación puntual nº 3. Incremento de usos permitidos na ordenanza 1.3 e ordenanza 1.4.

De conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o citado prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Salvaterra de Miño, 27 de marzo de 2017

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde