Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 21 de abril de 2017 Páx. 18795

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

EXTRACTO da Resolución do 6 de abril de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións a proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017.

BDNS (Identif.): 342583.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.minhap.gob.es/bsnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

a) Pequenas empresas situadas en zonas rurais. Para estes efectos, a definición de pequena empresa é a que resulta do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, pola que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (TFUE).

b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.

c) Titulares dunha explotación agraria, ou membros da súa unidade familiar, que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

Segundo. Obxecto

Apoio á ampliación e modernización de pequenas empresas mediante a adquisición de equipamentos produtivos destinados a actividades non agrícolas, co fin de reforzar o tecido produtivo empresarial no territorio rural galego.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 6 de abril de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións a proxectos de adquisición de maquinaria e equipamento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2017.

Cuarto. Contía

A contía global da convocatoria é de 2.000.000 €. Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Feader, no marco da medida 6.4 do PDR de Galicia 2014-2020.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar as solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entederase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Sexto. Outros datos

A concesión de axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Os proxectos subvencionados recibirán unha porcentaxe de axuda do 45 % dos gastos subvencionables.

As axudas concedidas están amparadas no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro (DO L 352, do 24 de decembro), referente á aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2017

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural