Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21478

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2017 pola que se fai publica a formalización de contratos.

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización dos seguintes contratos:

– Nº expediente: CGSIB/005/16/SU/EI.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio.

Denominación do concurso público: subministración do vestiario para o persoal das escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de escolas infantís de Galicia (lotes 1 e 2).

Lote 1: roupa.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 108.068,13 €.

Adxudicataria: El Corte Inglés, S.A.

Data de formalización do contrato: 15.3.2017.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: a oferta da adxudicataria foi seleccionada como a máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lote 2: calzado.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 23.307,63 €.

Adxudicataria: El Corte Inglés, S.A.

Data de formalización do contrato: 15.3.2017.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: a oferta da adxudicataria foi seleccionada como a máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, punto perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar