Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 4 de maio de 2017 Páx. 21905

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se amplía o crédito destinado ás axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego.

O 20 de marzo de 2017 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 7 de marzo de 2017 pola que se regulan as axudas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego e se realiza a súa convocatoria para o ano 2017.

O artigo 2 desta resolución establece a contía inicial dos créditos destinados a financiar estas axudas con cargo a aplicación orzamentaria 04.20.151A.470.0, sen prexuízo de posteriores modificacións orzamentarias.

A data actual e coa finalidade de manter esta acción de fomento en niveis adecuados, cómpre ampliar o importe do crédito asignado a esta axuda, con cargo a aplicación orzamentaria 04.20.151A.470.0.

Polo exposto e en uso das facultades que teño atribuídas,

DISPOÑO:

Artigo único

Primeiro. Ampliar o crédito destinado ás axudas económicas dirixidas a empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego en 160.000,00 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 04.20.151A.470.0. O importe total destinado ao financiamento destas axudas é de 201.341,00 euros.

Segundo. A presente modificación non afecta o prazo establecido na referida resolución para a presentación de solicitudes.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse con carácter potestativo, recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Alternativamente, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2017

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios