Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22546

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 21 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 68, do 6 de abril de 2017, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 16371, no artigo 17.1.c), onde di: «Informe de vida laboral correspondente aos tres meses anteriores ao mes en que se realiza a contratación indefinida inicial, máis o do correspondente ao do mes en que se realiza a dita contratación», debe dicir: «Informe de vida laboral dun código conta de cotización correspondente aos tres meses anteriores ao mes en que se realiza a contratación indefinida inicial, máis o correspondente ao mes en que se realiza a dita contratación».

Na páxina 16371, no artigo 17.1.f).4º, onde di: «Comprobación de datos das persoas membros da unidade familiar distintos do solicitante para a comprobación dos seus datos (anexo V)», debe dicir: «Comprobación de datos da persoa traballadora contratada e dos membros da súa unidade familiar (anexo V)».