O Concello de Outeiro de Rei está a tramitar a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para a delimitación do núcleo rural de Cartel polo que, unha vez realizada a tramitación ambiental simplificada e incorporado ao proxecto de modificación o contido do informe ambiental estratéxico, en cumprimento do establecido no artigo 78 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e do artigo 191.1.a) do Decreto 143/2016, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, exponse ao público polo prazo de dous meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá consultar o expediente completo nas oficinas municipais, das 10.00 ás 15.00 horas, e na páxina web do concello www.concellodeouteiroderei.org, e facer as alegacións que considere oportunas.
Outeiro de Rei, 20 de abril de 2017
José Pardo Lombao
Alcalde