Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26151

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de concesión administrativa para a explotación de quiosco-bar situado no parque da praia da Compostela, denominado Pavillón de Servizos.

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Concello de Vilagarcia de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato:

Descrición: concesión administrativa para a explotación de quiosco-bar situado no parque da praia de Compostela, denominado Pavillón de Servizos.

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: un ano prorrogable por un ano máis (duración máxima dous anos incluíida a prórroga).

3. Tramitación e procedemento:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

Canon: non poderá ser inferior a 2.000,00 €/anuais.

5. garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa, praza Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00. Fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: cláusula XIV.5 dos pregos.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: 15 días contado desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de Licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula X dos pregos.

Admisibilidade de variantes ou melloras: non.

9. Apertura dos sobres B e C. Entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa (praza Ravella, 1), os días fixados na cláusula XIII do prego, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicado no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario ata un máximo de 500,00 € (cláusula XV dos pregos que rexen a licitación).

Vilagarcía de Arousa, 15 de maio de 2017

Alberto Varela Paz
Alcalde