Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26508

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

EXTRACTO da Orde do 18 de maio de 2017 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado que realicen proxectos de voluntariado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

BDNS (Identif.): 348542.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Entidades de acción voluntaria de carácter privado que realicen proxectos de voluntariado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2017.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras polas que se rexerán as subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria para o fomento e a realización de actividades de voluntariado desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro, e proceder á súa convocatoria para o ano 2017. Os programas e actividades de acción voluntaria presentados polas entidades de carácter privado e sen ánimo de lucro, deberán desenvolverse no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Orde do 18 de maio de 2017 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria de carácter privado que realicen proxectos de voluntariado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.

Cuarto. Contía

A contía global da convocatoria é de centro trinta e sete mil oitenta con trinta e dous céntimos (137.080,32 €) para entidades de acción voluntaria. Finánciase o 75 % do proxecto cuxo orzamento non poderá ser superior a 4.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

Coa solicitude presentarase o proxecto de actividades. Admitirase un só proxecto por entidade coa súa denominación/nome, os obxectivos, a identificación de problemas e o número aproximado de beneficiarios. Este irá acompañado do número de persoas voluntarias coas que se pretende executar o proxecto, das horas de execución deste por parte de cada un dos/das voluntarios/as e do número de días que participará cada un, así como dun orzamento desagregado do custo de todas as actividades. Este proxecto de actividades de voluntariado non pode ser igual ao presentado pola mesma entidade no caso doutra convocatoria de axudas desta consellería en materia de voluntariado.

A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. Requírese unha puntuación mínima e a concesión efectúase por orde de puntuación ata esgotar o crédito orzamentario.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2017

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social