Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27985

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela

ANUNCIO de convocatoria ás empresas pemes de Galicia para a participación no programa Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020).

missing image file

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela anuncia a apertura de convocatoria que ten por obxecto promover a participación no programa Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea nas seguintes accións:

1. Visita á Feira TTG de Rímini (Italia), do 11 ao 15 de outubro de 2017. Convocatoria prevista en xuño 2017. Sector turismo.

Primeiro. Beneficiarios

Pemes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e mellorar a súa competitividade, co obxectivo de mellorar a inclinación para exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar España como destino de investimento.

Terceiro. Convocatoria

O texto completo da convocatoria estará á disposición das empresas na sede da Cámara de Santiago de Compostela. Ademais, pode consultarse a través da web: www.camaracompostela.com

Cuarto. Contía

A contía máxima das axudas para outorgar con cargo a esta convocatoria para o período 2014-2020 é de:

– Visita Feira TTG Rímini (italia): 24.000 € en concepto de subvencións. As axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe de 80 % con cargo aos fondos Feder, a través do programa operativo de Crecemento Intelixente 2014-2020, e o resto financiarase con cargo ás empresas participantes.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e finalizará o día do 20 de setembro 2017 ou ata cubrirse o límite de prazas, e comunicarase na convocatoria. O modelo de solicitude de participación poderá descargarse na web: www.camaracompostela.com

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2017

Jesús Asorey Carril
Presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos
e Navegación de Santiago de Compostela