Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28723

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2017 pola que se publica a variación do tipo de xuro durante o exercicio 2017 para as operacións acollidas ao Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI).

Mediante resolucións do 22 de marzo de 2011 e do 22 de outubro de 2015 publicáronse os acordos do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) que aproban o Programa de préstamos do Igape para financiar proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI) (DOG núm. 63, do 30 de marzo de 2011, e DOG núm. 209, do 3 de novembro de 2015).

No dito programa establécese que ao longo do ano se revisará o tipo de referencia cando se produza unha variación significativa do Euríbor. Para ter en conta variacións significativas ao longo do ano, farase unha actualización do Euríbor medio calculado sobre os tres meses anteriores, o cal debe ser publicado no Diario Oficial de Galicia e entrará en vigor no primeiro día do segundo mes seguinte aos meses utilizados para o cálculo, é dicir, o 1 de xullo de 2017.

Visto o exposto e unha vez verificados os datos relativos á evolución do Euríbor, en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

O tipo de xuro de referencia que se aplicará a partir do 1 de xullo de 2017 ás operacións en vigor do Programa de préstamos para financiar proxectos de investimento e circulante na Comunidade Autónoma de Galicia con fondos do Banco Europeo de Investimentos (BEI), ao abeiro da Resolución do 22 de marzo de 2011 (DOG núm. 63, do 30 de marzo) e da Resolución do 22 de outubro de 2015 (DOG núm. 209, do 3 de novembro), será do -0,118 %.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica