Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30262

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 7 de xuño de 2017 pola que se notifica reclamación de custos por danos ocasionados no dominio público portuario de Baiona (Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Juan Luis Vila Fernández, con DNI 36148823, requirimento da Dirección de Portos de Galicia, do 18 de maio de 2017, para proceder ao aboamento de custos de reposición ocasionados no dominio público portuario de Baiona (Pontevedra), por non ser posible a notificación no domicilio.

Este anuncio se publicará no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os danos na pilona de saída do sistema de control de accesos ao porto prodúcense polo accidente o día 31 de marzo de 2016, do vehículo con matrícula 1524-BLD, segundo se reflicte na acta do celador con NIP 367134, acompañada de fotogramas de gravación do sistema de videovixilancia.

O importe a que ascendeu o custo de reparación foi de 4.229,12 euros, IVE engadido.

O requirimento emítese ao abeiro dos artigos 100, 101 e 102 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e do artigo 66 do Regulamento de servizo e policía portuarios aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976.

Para o pagamento da cantidade a que ascendeu o custo de reposición, que deberá de realizarse nos prazos previstos no artigo 62 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, baixo a advertencia de exacción pola vía executiva, empregarase o modelo de impreso anexo á presente cédula.

O presente requirimento, que ten eficacia executiva, non esgota a vía administrativa e é susceptible de recurso de alzada, que deberá ser interposto ante a Presidencia de Portos de Galicia no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

missing image file