Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se anuncia a formalización do contrato do servizo para o desenvolvemento dunha campaña de publicidade para la promoción do leite galego (expediente 13/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver unha campaña publicitaria a nivel autonómico para promover o consumo de leite galego e, nomeadamente, da marca Galega 100 % como distintivo de calidade durante o ano 2017.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=115650.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 46, do 7 de marzo de 2017.

e) División por lotes: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria, aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 190.082,64 €. IVE (21 %): 39.917,35 €. Importe total: 230.000 €.

Valor estimado: 190.082,64 €.

5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural.

6. Adxudicación e formalización do contrato:

a) Data da resolución de adxudicación: 22 de maio de 2016.

b) Adxudicataria: Quattro Industria Destiladora de Creatividad Publicitaria, S.L.U.

c) Importe: 226.617,64 €, IVE incluído.

d) Data de formalización do contrato: 24 de maio de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, logo de aplicar os criterios de adxudicación, e cumpre con todos os criterios dos pregos de condicións.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural