Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 6 de xullo de 2017 Páx. 32926

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 20 de xuño de 2017 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento de dous inmobles situados no concello da Baña e dun inmoble situado no concello de Padrón, e se declara deserta a adxudicación do resto de inmobles.

Mediante ordes do 8 de novembro de 2016, do 10 de novembro de 2016 e do 3 de febreiro de 2017, da Consellería de Facenda, foi autorizado o alleamento, mediante poxa pública, duns inmobles situados nos concellos de Teo, Padrón, A Baña, Mugardos e Castroverde.

Logo de publicarse o 2 de marzo de 2017 no Diario Oficial de Galicia número 43, e nun xornal de ampla difusión (La Voz de Galicia do mesmo día), o anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados inmobles, tivo lugar o 20 de abril de 2017 a poxa pública anunciada, co que á vista da acta da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei de patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro

Aprobar as seguintes adxudicacións:

1. A Florinda Jar Varela polo prezo de 1.079,04 €, o inmoble descrito como parcela nº 1 Areeira, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña) cunha superficie aproximada de 670 m2, que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, con zona excluída; sur, Genoveva Brea Noya; leste, camiño existente e canle de rega en medio; e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15066B503000010000FI. Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.628, tomo 487, libro 110 e folio 72.

2. A Jesús Parga Rodríguez polo prezo de 1.341,68 €, o inmoble descrito como parcela nº 238 Ton, situada en San Cristóbal de Corneira, concello da Baña (A Coruña) cunha superficie aproximada de 1.332 m2, que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, Jesús Ribeiro García e outros; sur, zona excluída; leste, zona excluída e camiño; e oeste, Pilar Lois Parente. Referencia catastral: 15007A516002380000JR. Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.915, tomo 742, libro 150 e folio 151.

3. A Manuel Rodríguez Alvite e Josefina Gil Suárez polo prezo de 7.789,57 €, o inmoble descrito como parcela nº 174. Quintas, situada na Ermida, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 6.032 m2, que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, José Fariñas Paredes; leste, Sofía Rial Brenlla; e oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15007A509001740000JK. Atópase inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.407, tomo 867, libro 157 e folio 96.

Segundo

Declarar deserta en primeira, segunda e terceira poxa a adxudicación dos seguintes inmobles:

1. Soar chamado Gandarón, situado no lugar da Ramallosa, parroquia de Lucí, concello de Teo, de 6 áreas e 90 centiáreas, que estrema: norte, Manuela Cajaraville; sur, herdeiros de Juan Cao Cerdeira; leste, estrada e oeste, Antonio Martínez Montes e Josefa Cao Cerdeira. Sobre este predio hai dous locais, un de 140 m2 de superficie, que linda polo leste coa estrada, e outro local de 30 m2 de superficie. Referencia catastral: 7084105NH3378S0001RI. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón ao tomo 315, libro 76, folio 22, predio nº 6.171.

Tipo de licitación 1ª poxa: 79.982,00 €.

Tipo de licitación 2ª poxa: 67.984,70 €.

Tipo de licitación 3ª poxa: 55.987,40 €.

2. Parcela nº 1.024 Longás, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.378 m2, que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, camiño; sur, María Iglesias Bouzada e Estrella Bouzada González; leste, camiño; e oeste, camiño. Referencia catastral: 15066C503010240000IT. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.680, tomo 487, libro 110 e folio 124.

Tipo de licitación 1ª poxa: 2.113,60 €.

Tipo de licitación 2ª poxa: 1.796,56 €.

Tipo de licitación 3ª poxa: 1.479,52 €.

3. Parcela nº 1.037 Lareda, situada en Santa María de Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.070 m2, que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, zona excluída; sur, camiño; leste, Maximino Duarte Iglesias e outros; e oeste, zona excluída. Referencia catastral: 15066C503010370000IE. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.682, tomo 487, libro 110 e folio 126.

Tipo de licitación 1ª poxa: 1.409,51 €.

Tipo de licitación 2ª poxa: 1.198,08 €.

Tipo de licitación 3ª poxa: 986,66 €.

4. Parcela nº 355 Altiboa, situada en Divino Salvador da Ermida, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 2.620 m2, que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, Benigno Maceira Negreira e outro; sur, Jesús Fernández Recarey; leste, Jesús García Braña; e oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Referencia catastral: 15007A509003550000JQ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira ao tomo 1.582, libro 207, folio 62, predio 10.187.

Tipo de licitación 1ª poxa: 5.162,10 €.

Tipo de licitación 2ª poxa: 4.387,79 €.

Tipo de licitación 3ª poxa: 3.613,47 €.

5. Parcela nº 144 Ferreiros, situada en San Cibrán de Barcala, concello da Baña (A Coruña), cunha superficie aproximada de 580 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, con Manuel Negreira Negreira; sur, Asunción Mourelle Ramos; leste, Daniel Mourelle Ramos; e oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria e regato en medio. Referencia catastral: 0527503NH2502N0001ZY. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 16.949, tomo 867, libro 157 e folio 18.

Tipo de licitación 1ª poxa: 2.202,49 €.

Tipo de licitación 2ª poxa: 1.872,12 €.

Tipo de licitación 3ª poxa: 1.541,74 €.

6. Predio constituído por un terreo de 273 m2 sobre o que se asentaba unha edificación que foi caseta de legoeiros na estrada AC-122 Mugardos-Cabanas, no punto quilométrico 3.837 no lugar de Chousa-San Xoán-Piñeiro, no concello de Mugardos (A Coruña). Linda: norte e oeste, parcela 10 de María Josefina Rodríguez Pazos; sur, parcela 12 de Enrique Pedreira Gómez; leste, estrada AC-122 (neste tramo denominada rúa Camiño Grande). Referencia catastral: 4600011NJ6049N0001IP. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontedeume como predio nº 13.348, ao tomo 1.166, ao libro 133, folio 217.

Tipo de licitación 1ª poxa: 12.630,00 €.

Tipo de licitación 2ª poxa: 10.735,50 €.

Tipo de licitación 3ª poxa: 8.841,00 €.

7. Rústico. Terreo de 692 m2 sobre o que se asentaba unha edificación hoxe en ruína, que foi caseta de legoeiros na estrada C-630 Pravia-Lugo, no punto quilométrico 40,0 no lugar da Casilla, no concello de Castroverde (Lugo). Referencia catastral: 27011A081003220000LX. Linda: norte, predio a nome de Carmen López Fernández, de 457 m2 e referencia catastral nº 27011A081003210000LD e predio a nome de Josefa Trashorras Ferreiro, de 5.755 m2 e referencia 27011A081003190000LX; leste, estrada LU530 Lugo-Fonsagrada (antes denominada C630 Lugo-Pravia); sur e oeste, predio a nome de Manuel Eiras López, de 2.351 m2 e referencia catastral 27011A081003230000LI. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo como predio nº 10.339 de Castroverde, ao tomo 1.166 do arquivo, ao libro 104, ao folio 130.

Tipo de licitación 1ª poxa: 616,75 €.

Tipo de licitación 2ª poxa: 524,24 €.

Tipo de licitación 3ª poxa: 431,73 €.

Terceiro

Os pagamentos dos prezos de adxudicación efectuaranse segundo o estipulado no artigo 70.3 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Cuarto

As vendas formalizaranse como corpo certo en escritura pública, e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, quedan a cargo dos adxudicatarios o pagamento dos custos dos anuncios que se teñan producido neste procedemento de alleamento.

Quinto

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda