Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 13 de xullo de 2017 Páx. 33876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 3 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de folla de valoración no expediente de expropiación IN661A 2014/1-1, nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase do traslado da folla de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada repotenciación Parque eólico Malpica, nos concellos de Malpica de Bergantiños e Ponteceso (expediente IN661A 2014/1-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 3 de xullo de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN661A 2014/1-1.

Entidade beneficiaria: Parque Eólico de Malpica, S.A. (Pemalsa).

Denominación da instalación: repotenciación Parque eólico Malpica.

Concellos: Malpica de Bergantiños e Ponteceso.

Predio

Concello

Titularidade

Incidencia

176

Ponteceso

Mª Flor González García

Notificación infrutuosa