Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publica a transmisión do contrato de xestión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral V-0052; XG-001, Ferrol, Sedes, praia da Frouxeira.

O 6 de maio de 2017, a Dirección Xeral de Mobilidade autorizou a transmisión do contrato de xestión de servizo público de transporte regular de viaxeiros de uso xeral V-0052; XG-001, Ferrol, Sedes, praia da Frouxeira, de Francisco Candocia Villadóniga a favor de Francisco Candocia Pita.

O novo titular completou toda a documentación requirida e queda subrogado en todos os dereitos e obrigas do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2017

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade