Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34408

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, polo que se somete a información pública o procedemento ACA 1/2017, relativo ao proxecto de ampliación dun centro comercial no concello de Tui, promovido por Pontevicus, S.L.U.

De conformidade co disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública, como parte integrante do procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, relativo ao proxecto de ampliación dun centro comercial no concello de Tui, promovido por Pontevicus, S.L.U.

Para estes efectos, cumprindo coa obriga da información que se lle debe outorgar ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:

a) Pontevicus, S.L.U. solicitou a concesión da autorización comercial autonómica relativa ao proxecto de ampliación dun centro comercial no concello de Tui.

b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Consellería de Economía, Emprego e Industria en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia e no Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

c) O órgano do cal se pode obter información ao respecto é o Servizo de Ordenación da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, nas dependencias da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, terceiro andar, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

e) A participación do público poderase realizar, durante o prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. As persoas que o desexen poderán tomar vista do expediente durante o referido período e formular as alegacións, observacións e suxestións que xulguen oportunas, que se deberán dirixir á Dirección Xeral de Comercio e Consumo e presentar por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2017

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio e Consumo