Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 17 de xullo de 2017 Páx. 34404

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira de Piquín (expediente IN407A 2016/158-2, 8467 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: rúa Ramón Mª Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: OCR Chao do Pousadoiro.

Situación: concello de Ribeira de Piquín.

Características técnicas:

1. LMTS a 20 kV dirección Galegos con orixe na cela 2 do OCR Chao do Pousadoiro proxectado e final nunha conversión en apoio metálico existente na LMT aérea dirección Galegos, cunha lonxitude de 26 metros de condutor tipo RHZ1-240.

2. LMTS a 20 kV dirección Meira con orixe na cela 3 do OCR Chao do Pousadoiro proxectado e final nunha coversión en apoio metálico existente na LMT aérea dirección Meira, cunha lonxitude de 60 metros en condutor tipo RHZ1-240.

3.LMTS a 20 kV dirección Meira con orixe na cela 5 do OCR Chao do Pousadoiro proxectado e final nunha conversión en apoio metálico existente na LMT aérea dirección Meira, cunha lonxitude de 60 metros en condutor tipo RHZ1-240.

4. LMTS a 20 kV dirección Soutelo con orixe na cela 6 do OCR Chao do Pousadoiro proxectado e final nunha conversión en apoio metálico existente na LMT aérea dirección Soutelo, cunha lonxitude de 30 metros en condutor tipo RHZ1-240.

5. LMTS a 20 kV dirección Ouviaña-A Fonsagrada, con orixe na cela 7 do OCR Chao do Pousadoiro proxectado e final nunha conversión en apoio metálico existente na LMT aérea dirección Ouviaña-A Fonsagrada, cunha lonxitude de 63 metros de condutor tipo RHZ1-240.

6. OCR Chao do Pousadoiro en edificio prefabricado tipo PF 202, no cal se instalan tres celas de liña, dúas de interruptor automático, unha de servizos auxiliares e unha cela de acople.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro) e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro) polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 26 de xuño de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo