Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación do servizo de administración de ferramentas de xestión de posto cliente, contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-17-012).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4º. Teléfono: 881 54 18 27.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.gal

d) Número de expediente: AB-SER1-17-012.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de administración, soporte e evolución de ferramentas de xestión de posto cliente.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: doce meses desde o 1 de decembro de 2017 ou desde a sinatura do contrato, se esta for posterior.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 72500000-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Proposta de prestación de servizo e metodoloxía de traballo que se vai utilizar

0-45

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-40

Valores e horario de prestación de servizo

0-15

4. Valor estimado do contrato: 125.280,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 52.200 euros. Importe total: 63.162 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría):

Grupo V, subgrupo 2 ou 5 e categoría A/1 ou superior.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver letras e) e f) da cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos