Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34657

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de xullo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se lles notifica aos interesados a apertura do trámite de audiencia relativo á solicitude de autorización do parque eólico Modificado II Monciro e ao permiso de investigación de recursos mineiros denominado Luaces.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se pudiese efectuar, mediante o presente anuncio notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo a apertura do trámite de audiencia na solicitude de autorización do parque eólico Modificado II Monciro.

O interesado poderá consultar o expediente, alegar e presentar as xustificacións e/ou documentos que considere oportunos nas dependencias da Xefatura Territorial de Lugo da Conselleria de Economía, Emprego e Industria (rolda da Muralla, 70-2º baixo), no prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU).

Lugo, 5 de xullo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente 118-EOL.

Denominación: parque eólico Modificado II Monciro.

Trámite de audiencia en relación coa solicitude de autorización do parque eólico Modificado II Monciro e o permiso de investigación Luaces.

Interesado

Enderezo

Anotación do servizo
de Correos

Outokumpu Mining oy Sucursal en España, S.A.

Agustín de Foxá nº 25-6º B, 28036 Madrid

Descoñecido

Outokumpu Mining oy Sucursal en España, S.A.

Hermosilla 3, 28001 Madrid

Descoñecido