Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Martes, 18 de xullo de 2017 Páx. 34616

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (229/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 229/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Placas Pereifar, S.L.U. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza.

A Coruña, 22 de xuño de 2017.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 229/2015, en que foron parte, dun lado como demandante Fundación Laboral de la Construcción, representada pola letrada Tania Marón Fernández, e, como demandada Placas Pereifar, S.L.U., con citación do Fogasa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza.

Antecedentes de feito:

Primeiro. A parte demandante presentou demanda que por quenda correspondeu a este Xulgado do Social número 2 da Coruña, en que, tras expor os feitos e alegar os fundamentos de dereito que considerou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza conforme o pedido.

Segundo. Admitida a trámite esa demanda, sinalouse a celebración do acto de xuízo, que se celebrou na data sinalada en todas as súas fases, co resultado que consta na acta redactada para o efecto, e que quedou debidamente gravado no correspondente soporte CD. Unha vez concluído o acto do xuízo, quedaron os autos vistos para ditar sentenza.

Terceiro. Na tramitación dos presentes autos observáronse as normas legais de procedemento.

Resolución:

Que, estimando a demanda interposta pola Fundación Laboral de la Construcción contra Placas Pereifar, S.L.U., con citación do Fogasa, debo condenar e condeno esta entidade a aboar á demandante 296,62 €.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Placas Pereifar, S.L.U. e ao seu administrador único Orlando Fariña García, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza