Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 19 de xullo de 2017 Páx. 34723

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2017/2018, e se procede á súa convocatoria.

A Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, dedica o seu título II ás competencias das administracións públicas galegas en materia de deporte, e establece no artigo 5 as competencias que lle corresponden á Administración autonómica, segundo o establecido no artigo 27.22 do Estatuto de autonomía de Galicia, especificando no punto 1 alínea m) a atribución desta Administración no fomento e regulación do deporte e dos deportistas de alto nivel de Galicia, así como os seus beneficios.

En prol da definición da política deportiva autonómica, fixando as directrices e programas de fomento e desenvolvemento do deporte galego dos seus diferentes niveis, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia está a dotar o deporte de alta competición dos medios necesarios para a mellora do seu nivel técnico. Con este obxectivo establécense as bases reguladoras da concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (en diante, CGTD) para a tempada 2017/18, e se procede a súa convocatoria.

Para os efectos da presente resolución o CGTD dispón das instalacións situadas na cidade de Pontevedra, na rúa Padre Fernando Olmedo 1 e o Complexo Náutico e Campo de Regatas David Cal (Pontevedra-Verducido), así como as relativas ao Centro Galego de Vela, situado na Rampla de Cavadelo, s/n, na localidade de Vilagarcía de Arousa, todas elas clasificadas, xunto cos programas que nelas se desenvolven, polo Consello Superior de Deporte na Resolución do 27 de maio de 2014, publicada no BOE núm. 137, do 6 de xuño, como instalacións deportivas para o desenvolvemento do deporte de alto nivel e competición.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I
Disposicións comúns

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

Establecer, mediante o procedemento con código PR952A, as bases reguladoras e proceder á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade de bolsas para o CGTD, co fin de facilitar o adestramento dos deportistas de tecnificación e rendemento, creando un clima de adestramento e convivencia entre deportistas de diferentes especialidades deportivas, fomentando a educación integral dos deportistas que favoreza o seu desenvolvemento persoal e facilitando a mellora do seu rendemento deportivo coa finalidade de alcanzar o máximo nivel competitivo.

Artigo 2. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes deberán ser presentadas polas federacións deportivas galegas de modalidades olímpicas e paralímpicas de deportes individuais que sexan compatibles cos servizos e instalacións do CGTD das seguintes seccións: atletismo; bádminton; ximnasia acrobática; trampolín e artística; judo; karate; loita; natación; piragüismo en augas bravas; piragüismo en augas tranquilas; remo; taekwondo; tiro con arco e tríatlon, presentando candidatos se contan cun grupo de tecnificación e/ou rendemento con deportistas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3 desta resolución e que se axusten á política deportiva autonómica establecida pola Secretaría Xeral para o Deporte.

2. As solicitudes deberán ser presentadas no modelo normalizado recollido como anexo I nesta resolución. O formulario da solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, no enderezo https://deporte.xunta.gal.

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das federacións presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. Se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, notificaráselle á federación para que, nun prazo de dez días, emende os erros ou presente os documentos preceptivos. Unha vez que transcorra o dito prazo sen que se produza a emenda, considerarase que desiste da súa petición.

5. Rematado o prazo de presentación de solicitudes e o establecido para a súa emenda, publicarase na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte e no seu taboleiro de anuncios as listaxes provisionais de admitidos, excluídos, con indicación da causa que orixina esta situación, e desistidos.

Artigo 3. Dos beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das bolsas para deportistas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva todas aquelas persoas deportistas que no momento de facer a solicitude cumpran os requisitos que se detallan a continuación:

– Ter nacionalidade española.

– Estar en posesión da licenza deportiva, na modalidade para a que se presenta a solicitude, emitida pola federación galega correspondente ou ben pola federación española correspondente no caso de que a federación galega da modalidade en cuestión non estivese integrada na federación española.

Poderase valorar, segundo informe técnico da comisión de selección e como caso excepcional, o incumprimento deste requisito unicamente nas bolsas de elite.

– Para os grupos de tecnificación, deberase pertencer a un club deportivo galego ou sociedade anónima deportiva dada de alta no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, así como estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

– As persoas deportistas propostas para praza de tecnificación deberán ter promovido de curso na convocatoria ordinaria de xuño 2017 ou na extraordinaria de setembro 2017 (non se considera a promoción por imperativo legal). Excepcionalmente poderase considerar a posibilidade de repetición daqueles deportistas cuxas federacións xustifiquen que participaron, con posibilidade de seguir participando, en campionatos de Europa, do mundo ou xogos olímpicos.

Non poderán obter a condición de beneficiarias, aquelas persoas que concorran nalgunha das circunstancias establecidas a continuación:

– Non obter un «apto» na análise médica realizada polo equipo médico do CGTD previamente á formalización da matrícula.

– Ter un informe negativo da Dirección do CGTD ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través da comisión de selección sobre o seu comportamento durante a súa estadía como bolseiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva durante o curso inmediatamente anterior ao desta convocatoria.

– Ter sanción en firme por dopaxe.

– Ter sanción en firme por algunha das infraccións previstas no artigo 14 do Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva (BOE do 19 do febreiro de 1993).

– Ter sanción en firme por algunha das infracción previstas no artigo 97 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

Artigo 4. Notificación electrónica

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou sexa expresamente elixida polo interesado, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

4. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico efectuarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 5. Prazo de presentación

O prazo límite de presentación das solicitudes será o día 21 de agosto de 2017.

Artigo 6. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 7. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento e forma de presentación da documentación

1. Para a valoración dos méritos, a solicitude deberá vir acompañada da seguinte documentación:

a) Para os solicitantes das instalacións do CGTD situadas en Pontevedra:

Documentación

Unidades

Anexo II. Proxecto de tecnificación e/ou de rendemento para o curso 2017/18.

1

Anexo III. Proposta de equipo técnico.

Documentación requirida no anexo III:

– DNI ou NIE (só no caso que se opoña a súa consulta).

– Titulación: licenciatura ou grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ou título de Técnico Deportivo Superior (só no caso que se opoña a súa consulta),

– Adestrador deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente (se é o caso).

– Experiencia: acreditar un mínimo de 3 anos como adestrador coa titulación exixida.

– Documento que indique o tipo de relación laboral prevista.

– Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais (só no caso de que se opoña a súa consulta).

1 por persoa

Anexo IV. Adestrador responsable da sección deportiva:

– Declaración de coñecemento das súas funcións e declaración de non estar en situación de incompatibilidade.

1

*Anexo V. Adestrador responsable de grupo:

– Declaración de coñecemento das súas funcións.

1 por persoa

Anexo VI. Valoración dos deportistas.

1 por persoa

* En caso de haber adestradores de grupo.

b) Para os solicitantes das instalacións situadas en Vilagarcía de Arousa no Centro Galego de Vela:

Documentación

Unidades

Anexo II. Proxecto de tecnificación e/ou de rendemento para o curso 2017/18.

1

Anexo III. Proposta de equipo técnico.

Documentación requirida no anexo III:

– DNI ou NIE (só no caso que se opoña a súa consulta).

– Titulación: licenciatura ou grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ou título de Técnico Deportivo Superior (só no caso de que se opoña a súa consulta).

– Adestrador deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente (se é o caso).

– Experiencia: acreditar un mínimo de 3 anos como adestrador coa titulación exixida.

– Documento que indique o tipo de relación laboral prevista.

– Certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais (só no caso de que se opoña á súa consulta).

1 por persoa

Anexo VI. Valoración dos deportistas.

1 por persoa

2. Non será necesario presentar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

3. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

7. Na presentación da documentación gardarase a seguinte orde: solicitude, documento acreditativo da identidade (de ser o caso), titulación académica, certificación académica persoal, currículo, xustificantes dos méritos alegados neste (na mesma orde en que aparezan relacionados) e proxecto(s) didáctico(s).

Artigo 8. Órgano instrutor

A instrución do procedemento para a concesión das bolsas correspóndelle á comisión de selección (artigo 10).

Artigo 9. Comisións de análise

1. Haberá unha comisión de análise por cada federación galega que solicite a renovación/incorporación do seu programa ao CGTD e estará formada por:

– Presidente: director/a do CGTD.

– Vogal: subdirector/a do CGTD.

– Vogal: presidente da federación galega correspondente ou persoa en quen delegue.

– Vogal: director técnico da federación galega correspondente ou persoa en quen delegue o presidente.

– Vogal: un representante da Secretaría Xeral para o Deporte.

2. As funcións das comisións de análise serán:

– Analizar a documentación presentada pola federación.

– Comprobar o cumprimento dos diferentes aspectos da convocatoria.

– Informar a federación dos aspectos que requirán ser modificados ou completados.

3. Finalizado o prazo para a presentación das solicitudes, a comisión de análise estudará a documentación presentada polas federacións deportivas (anexo II) e comprobará o cumprimento de todos os aspectos da convocatoria, e será a federación deportiva galega a responsable da autenticidade dos datos achegados.

4. Unha vez rematado o estudo, por parte da comisión de análise, da documentación presentada por cada federación deportiva, o/a presidente/a desta remitirá a totalidade da documentación presentada, que cumpra as exixencias contidas nestas bases, á comisión de selección.

Artigo 10. Comisión de selección

1. A comisión de selección estará constituída por:

– Presidente: subdirector/a xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte.

– Vogal: director/a do CGTD.

– Vogal: subdirector/a do CGTD.

– Vogal: técnico da Secretaría Xeral para o Deporte.

– Secretario: funcionario/a da Secretaría Xeral para o Deporte.

2. As funcións da comisión de selección serán:

– Valoración das solicitudes posteriormente á análise realizada delas pola comisión de análise.

– Valoración e ratificación, se é o caso, dos informes emitidos pola Dirección do CGTD sobre a estadía como bolseiro, durante o curso escolar anterior a esta convocatoria, daqueles deportistas que soliciten a renovación da bolsa.

– Formular proposta de resolución á persoa representante da Secretaría Xeral para o Deporte.

3. Unha vez valoradas as solicitudes por esta comisión, esta valoración será comunicada ás federacións deportivas solicitantes indicando:

– Listaxe provisional de baremo.

– As federacións solicitantes.

– Os deportistas bolseiros.

– O réxime da bolsa solicitada e concedida.

– Puntos concedidos.

– Curso académico.

– Nova solicitude ou renova bolsa.

4. As federacións terán un prazo de cinco (5) días naturais contados desde o día seguinte ao da comunicación da lista provisional, para facer as alegacións que coiden oportunas; para corrixir erros non poderán, en ningún caso, presentar novas solicitudes. O prazo rematará ás 14.30 horas do quinto día. Se o fin do prazo coincide cun día non hábil, prorrogarase ata as 14.30 horas do día hábil seguinte. Estas alegacións deberán remitirse ao enderezo de correo electrónico cgtd@xunta.gal.

5. A comisión de selección poderá modificar a orde da lista, eliminar algún dos candidatos presentados, ou introducir algún deportista de acordo cos criterios de selección establecidos.

6. A Secretaría Xeral poderá solicitar todas as xustificacións que considere necesarias sobre a orde en que os deportistas son propostos pola federación ou sobre a ausencia dalgún destacado deportista na lista.

Artigo 11. Proposta de resolución

1. A comisión de selección formulará unha proposta de resolución baseada nas maiores puntuacións obtidas.

2. Esta proposta de resolución provisional exporase a información pública, na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, por un prazo de 10 días contados a partir do seguinte á data de publicación. Durante este prazo, os interesados poderán formular as alegacións que consideren pertinentes nos lugares e formas indicados para a presentación de solicitudes.

3. Se algún dos candidatos propostos tiver a intención de non aceptar a adxudicación da bolsa, deberá comunicalo expresamente dentro do prazo de alegacións e proporase ao seguinte con maior puntuación; ante o rexeitamento deste, ofreceráselle ao situado a continuación e así sucesivamente ata a súa cobertura.

4. Logo de rematar o prazo de alegacións e examinadas estas, se as houber, formularase a proposta de resolución definitiva.

Artigo 12. Resolución

1. O prazo máximo para resolver a convocatoria será de tres meses, contados a partir da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De non se resolver neste prazo, as solicitudes entenderanse desestimadas.

2. Baseándose na proposta de resolución definitiva, a persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte ditará resolución pola que se adxudican as bolsas de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2017/18. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, exporase na web institucional da Secretaría Xeral para o Deporte e notificaráselles ás correspondentes federacións deportivas, indicando as federacións, as persoas deportistas bolseiras e o réxime da bolsa concedida.

3. Notificada a resolución polo órgano concedente, o beneficiario disporá dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido este sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

4. As baixas que se produzan unha vez publicada a listaxe definitiva teñen que ser comunicadas inmediatamente e por escrito pola Federación ao enderezo de correo cgtd@xunta.gal para que poidan ser cubertas.

As baixas cubriranse, se así o considera oportuno a Secretaría Xeral para o Deporte, con deportistas pertencentes a calquera das federacións con presenza no CGTD seguindo a lista de espera dos deportistas valorados e que non acadaron praza.

No caso do grupo de tecnificación, poderase ter en conta, por cuestións organizativas da residencia, que cumpran cos requisitos de curso e xénero do deportista que causou baixa, e que a organización da residencia permita.

No caso de que haxa baixas no grupo de rendemento, as federacións poderán solicitar cubrilas con deportistas non presentes na listaxe inicial, sempre que cumpran cos requisitos establecidos da presente convocatoria. Para isto disporán dun segundo prazo de achega de documentación no grupo de rendemento que rematará o 30 de setembro. Neste caso, as federacións deberán presentar cuberto, antes das 14.30 horas do día en que remata o prazo, o anexo VI referido á persoa deportista proposta. Deberá presentarse a documentación por medios electrónicos a través da carpeta do cidadán.

5. A concesión e a percepción da bolsa non implica ningún tipo de relación laboral, ou de natureza similar, entre a Xunta de Galicia e as persoas beneficiarias.

6. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da bolsa e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 13. Obrigas da persoa deportista bolseira

A persoa deportista bolseira estará obrigada a:

– Adestrar co técnico que lle asigne a súa federación.

– Participar nas competicións autonómicas, nacionais ou internacionais que a federación considere, principalmente en representación de Galicia, agás causa debidamente xustificada.

– Someterse aos controis de dopaxe segundo a normativa en vigor.

– Pasar o control médico obrigatorio nos servizos médicos do CGTD.

– Formalizar o seu ingreso previamente á súa incorporación nas oficinas do CGTD.

– Cumprir a normativa contida no Regulamento de réxime interno do CGTD.

– Cumprir os requisitos establecidos no artigo 3 da convocatoria, para ser beneficiario, durante o tempo de duración da bolsa.

– Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

Artigo 14. Obrigas das federacións deportivas solicitantes

1. As federacións quedarán obrigadas a publicar nas súas páxinas web esta convocatoria, así como unha relación dos deportistas que manifestaron o seu interese para seren incluídos no seu proxecto deportivo.

2. As federacións deportivas galegas, relacionadas no artigo 2, sobre unha base dun proxecto deportivo integral, no que figure un grupo de adestramento e unha cobertura técnica suficiente que garanta a preparación dos deportistas, tal e como se especifica no anexo II, deberán realizar un estudio previo de todos os deportistas recollidos no proxecto deportivo.

3. No número 10 do índice do proxecto deportivo (anexo II), as federacións deberán incluír todos os deportistas que en tempo e forma solicitaron formar parte desta listaxe. Se algún dos deportistas non cumpre todos os requisitos establecidos no artigo 3 desta convocatoria, a federación deberá indicalo con claridade.

4. No caso dos deportistas propostos por primeira vez (nova admisión) para o grupo de tecnificación, as federacións deberán solicitar ás familias copia do boletín de notas de xuño de 2017 ou ben un certificado de notas, que despois deben incorporar ao anexo VI de cada deportista.

Artigo 15. Doutras obrigas das federacións

1. As federacións disporán dun equipo técnico para o correcto desenvolvemento do proxecto deportivo presentado (anexo II), en todo caso atendendo ao establecido nesta convocatoria. A relación laboral entre os membros do equipo técnico e a federación deportiva da cal dependen, deberá axustarse en todo momento á lexislación laboral vixente. En ningún caso este persoal federativo gardará relación laboral ou doutro tipo coa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. O equipo técnico deberá cumprir o establecido na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia (BOE do 29 de xullo) e estará formado por:

– Unha persoa adestradora responsable da sección deportiva obrigatoriamente.

– Un substituto nomeado para cubrir as ausencias do responsable obrigatoriamente.

– Unha ou varias persoas adestradoras responsable/s de grupo con carácter opcional.

3. A persoa adestradora responsable da sección deportiva será a persoa con maior responsabilidade desa sección deportiva no CGTD e deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Titulación: licenciatura ou grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ou título de Técnico Deportivo Superior, ou Adestrador Deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente.

b) Experiencia: acreditar un mínimo de tres anos como adestrador coa titulación exixida.

c) Non estar afectado por incompatibilidade.

d) Deberá estar presente nos adestramentos.

4. O adestrador de grupo terá a responsabilidade do seu grupo de adestramento e deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Titulación: licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ou título de Técnico Deportivo Superior, ou Adestrador Deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente.

b) Non estar afectado por incompatibilidade.

c) Deberá estar presente nos adestramentos do seu grupo.

5. Os membros do equipo técnico non poderán adestrar outros deportistas no horario do grupo de adestramento do CGTD sen autorización da Dirección.

6. As funcións dos adestradores serán as recollidas nos anexos IV e V da presente convocatoria.

Sen prexuízo do anteriormente dito, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá desestimar a proposta do responsable dos programas e/ou doutros membros do equipo técnico feita pola federación deportiva que solicita a autorización, fundamentando a súa decisión no incumprimento dalgún dos requisitos anteriores, ou ben por informe desfavorable por parte da comisión de selección, fundamentado por unha falta de compromiso co proxecto educativo do centro entre outras posibles causas.

Artigo 16. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente resolución de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Secretaría Xeral para o Deporte no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou, senón, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 17. Revogación

1. Dunha bolsa.

A bolsa concedida a un deportista poderá ser obxecto de expediente de perda de dereito ou de reintegro, ademais de polas causas establecidas na normativa reguladora das axudas, polas seguintes causas:

– Inadaptación ás normas de convivencia.

– Dar positivo nun control de dopaxe ou negarse a pasalo.

– Se o recoñecemento médico do CGTD conclúe que non é apto.

– Poderase cancelar a bolsa porque así o solicite o deportista ou os seus pais/titores legais, no caso de ser menores de idade, sempre que veña motivada por causas xustificables.

– Igualmente poderase cancelar por motivos disciplinarios no caso de faltas moi graves segundo o regulamento de réxime interno do centro.

2. Dun programa.

Os programas poderán ser revogados ao longo do curso a instancia do presidente da federación galega correspondente, co acordo da asemblea xeral da súa federación.

CAPÍTULO II
Bolsas para as instalacións do CGTD situadas en Pontevedra

Artigo 18. Natureza das bolsas

1. Grupo de tecnificación.

Poderán ser beneficiarios de bolsas do grupo de tecnificación as persoas deportistas que cumpran de 14 a 17 anos en 2017 (nados nos anos 2003, 2002, 2001 e 2000). Excepcionalmente poderanse atender solicitudes que por razóns académicas non se axusten ao rango de idade sinalado: alumnado de altas capacidades que, logo de autorización da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, cursen 3º de ESO con menos de 15 anos e alumnado de 2º de bacharelato que por repetir algún curso, antes do seu ingreso no CGTD, superen os 18 anos.

– Praza de residente 1: residentes de fóra do concello de Pontevedra.

Beneficios da praza: matrícula no IES adscrito ao centro, aloxamento (de domingo a xoves) e manutención completa (de luns a venres), servizo de lavandaría, incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo, servizo de fisioterapia e titoría.

– Praza de externo 1: residentes no concello de Pontevedra.

Beneficios da praza: matrícula no IES adscrito ao centro, xantar no comedor da residencia (de luns a venres), incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo, servizo de fisioterapia e titoría.

2. Grupo de rendemento.

Poderán ser beneficiarios de bolsas do grupo de rendemento os deportistas de máis de 18 anos.

– Praza de residente 2: deportistas que cumpran de 18 a 23 anos en 2017 (nados do ano 1999 ao 1994) que residan fóra do concello de Pontevedra.

Beneficios da praza: aloxamento (de luns a domingo) e manutención completa (de luns a venres), servizo de lavandería, incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

– Praza de externo 2: deportistas que cumpran de 18 a 23 anos en 2017 (nados do ano 1999 ao 1994).

Beneficios da praza: xantar no comedor da residencia (de luns a venres), incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

– Elite: deportistas maiores de 23 anos en 2017 (nados no ano 1993 ou anteriores).

Beneficios da praza: xantar no comedor da residencia (de luns a venres), instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

A adxudicación do tipo de praza (externo 2 ou elite) está determinada ademais pola aplicación dos criterios establecidos no artigo 23 desta convocatoria.

– Os deportistas galegos de alto nivel (DGAN) que non sexan bolseiros en ningún dos puntos anteriores, poderán presentar unha solicitude directamente ao CGTD, no enderezo cgtd@xunta.gal, para o uso das instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia. Estás serán concedidas directamente pola dirección do centro segundo a dispoñibilidade dos espazos, horarios e instalacións.

Artigo 19. Número de bolsas

Convócanse un máximo de 180 prazas.

• Grupo de tecnificación:

– 90 prazas (ata un máximo de 80 residentes 1) que se distribuirán entre os cursos 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de bacharelato tendo en conta unha distribución ponderada e o cociente de alumnado por curso establecido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

• Grupo de rendemento:

– Residente 2, ata 12 prazas (non poderán ser máis de 8 do mesmo sexo).

– Externo 2 e elite, ata un máximo de 78 prazas a decisión da comisión de selección segundo os criterios establecidos no punto sexto da convocatoria.

A Secretaría Xeral para o Deporte, vista a proposta da comisión de selección, poderá cubrir ou non a totalidade das prazas ofertadas.

A Secretaría Xeral para o Deporte reserva para si un número de non máis de 5 prazas, que poderá cubrir en función de situacións extraordinarias non recollidas nesta resolución, sempre cumprindo uns criterios de excelencia deportiva e nivel académico acordes coas bases desta convocatoria.

Artigo 20. Duración das bolsas

A duración das bolsas será desde o 15 de setembro de 2017 ata ao 31 de xullo de 2018, exceptuando o grupo de residentes 1 (de tecnificación) que rematará a última semana lectiva establecida polo calendario escolar.

CAPÍTULO III
Dos criterios de valoración

Artigo 21. Criterios de valoración

1. Todos os méritos que se valorán nos criterios deportivos e académicos que a seguir se detallan, deberán estar debidamente reflectidos no anexo VI desta convocatoria.

2. Valoraranse os criterios deportivos da modalidade deportiva e especialidade para a cal solicitan a bolsa ao CGTD.

3. Non se valorarán os resultados obtidos en probas ou modalidades non olímpicas a excepción dun primeiro posto nelas e sempre cunha participación mínima de vinte participantes.

4. Para a sección de tríatlon, nas probas de acuatlon e duatlon, terán un valor da metade de puntos, sobre a modalidade olímpica.

5. Non serán valorados os méritos deportivos acadados nos campionatos de España de clubs, nos campionatos de España por seleccións autonómicas, nin tampouco en copas ou competicións internacionais de clubs.

6. Non serán susceptibles de valoración os resultados acadados en embarcacións de equipo formadas por máis de dous deportistas ou en competicións por equipo (por exemplo, nas probas de remudas de atletismo) coa excepción dos resultados obtidos en competicións internacionais formando parte da selección española. Neste último caso, a valoración será a puntuación do resultado entre o número de compoñentes da proba de equipo. Como excepción teranse en conta os resultados en probas de bateis en categoría infantil para a sección de remo.

7. Non se valorarán os resultados deportivos acadados en categorías máster, veteranos ou similar.

Artigo 22. Criterios de valoración para os deportistas de tecnificación

22.1. Criterios deportivos.

A valoración do rendemento deportivo vai variar en función da categoría en que o deportista proposto competise no ano en que se publica esta convocatoria de bolsas, e do seu ano de nacemento, que queda como seguen:

a) Para valorar os deportistas nados nos anos 2003, 2002, 2001 ou 2000 (máximo de 15 puntos):

• Mellor resultado no campionato de España do ano 2016 ou 2017 (de 10 a 2 puntos):

– 1º posto: 10 puntos.

– 2º posto: 9 puntos.

– 3º posto: 8 puntos.

– 4º posto: 7 puntos.

– 5º posto: 6 puntos.

– 6º posto: 5 puntos.

– 7º posto: 4 puntos.

– 8º posto: 3 puntos.

– 9º posto: 2 puntos.

• Mellor resultado no campionato galego do ano 2016 ou 2017 (de 5 a 1 punto):

– 1º posto: 5 puntos.

– 2º posto: 4 puntos.

– 3º posto: 3 puntos.

– 4º posto: 2 puntos.

– 5º posto: 1 punto.

b) Para valorar os deportistas nados no ano 2002 ou posteriores, nas modalidades en que non haxa campionato de España na categoría infantil, e así o especifiquen no anexo II desta convocatoria, a valoración do resultado no campionato galego será a seguinte (máximo 13 puntos):

– 1º posto: 13 puntos.

– 2º posto: 12 puntos.

– 3º posto: 11 puntos.

– 4º posto: 10 puntos.

– 5º posto: 9 puntos.

– 6º posto: 8 puntos.

– 7º posto: 7 puntos.

c) Deportistas que competiron formando parte da selección española en modalidades olímpicas nos anos 2016 e 2017, escollendo só unha das seguintes competicións (máximo 5 puntos).

– Se competiron nos campionatos do mundo: 5 puntos.

– Se competiron nos campionatos de Europa: 4 puntos.

– Se competiron en copas do mundo: 3 puntos.

– Se competiron en copas de Europa: 2 puntos.

d) As federacións poderán outorgar puntos adicionais aos deportistas de tecnificación segundo a orde establecida no punto 10.1.a do anexo II desta convocatoria, que queda do seguinte xeito:

– 1º da lista: 5 puntos adicionais.

– 2º da lista: 4,5 puntos adicionais.

– 3º da lista: 4 puntos adicionais.

– 4º da lista: 3,5 puntos adicionais.

– 5º da lista: 3 puntos adicionais.

– 6º da lista: 2,5 puntos adicionais.

– 7º da lista: 2 puntos adicionais.

– 8º da lista: 1,5 puntos adicionais.

– 9º da lista: 1 punto adicional.

– 10º da lista: 0,5 puntos adicionais.

Ademais, para ter en conta a orde de prioridades establecida por cada sección do CGTD no anexo II, outorgaránselle puntos adicionais a cada deportista de tecnificación, en función das avaliacións realizadas durante a súa estadía no CGTD. Para as novas incorporacións a puntuación terá que ser avalada por un informe do adestrador responsable da sección deportiva, onde xustifique, con criterios técnicos obxectivos, a puntuación do deportista (datos antropométricos, progresión deportiva, condicións de adestramento, etc...), reflectida no punto 10.1.b do anexo II desta convocatoria, que queda así:

– 1º da lista: 5 puntos adicionais.

– 2º da lista: 4,5 puntos adicionais.

– 3º da lista: 4 puntos adicionais.

– 4º da lista: 3,5 puntos adicionais.

– 5º da lista: 3 puntos adicionais.

– 6º da lista: 2,5 puntos adicionais.

– 7º da lista: 2 puntos adicionais.

– 8º da lista: 1,5 puntos adicionais.

– 9º da lista: 1 punto adicional.

– 10º da lista: 0,5 puntos adicionais.

22.2. Criterios académicos.

– Se remata en xuño con todo aprobado e cunha nota superior a 8: 5 puntos.

– Se remata en xuño con todo aprobado e cunha nota media entre 6 e 8: 4 puntos.

– Se remata en xuño con todo aprobado e cunha nota media inferior ao 6: 2 puntos.

22.3. Criterio de actitude.

No caso de deportistas que aspiren a renovar a súa bolsa de tecnificación, terase en conta a valoración final residencial sobre o grao de aproveitamento e adaptación aos servizos residenciais conforme ás normas de convivencia durante o curso 2016/17, emitida pola dirección do centro, da seguinte forma:

Valoración final satisfactoria: 2 puntos.

Valoración final mellorable: 1 punto.

Valoración final non satisfactoria: -2 puntos.

22.4. Criterios de desempate no grupo de tecnificación.

A prelación de criterios será:

1. A persoa deportista con bolsa o ano anterior que opte por renovar a súa praza no CGTD fronte á que se incorpora ao centro por primeira vez.

2. Quen obteña maior puntuación na valoración do rendemento deportivo.

3. Quen teña a nota media máis alta en xuño no expediente académico do último curso.

4. A de menor idade.

5. Orde alfabética de apelidos e nome iniciando pola letra K conforme o sorteo feito pola Consellería de Facenda no ano 2017, e publicado no Diario Oficial de Galicia do 30 de xaneiro de 2017.

22.5. Cota de prazas de tecnificación.

As prazas do grupo de tecnificación distribuiranse entre as modalidades e especialidades deportivas do seguinte xeito:

Atletismo: mínimo 2 – máximo 4.

Bádminton: mínimo 8 – máximo 12.

Ximnasia acrobática, trampolín e artística: mínimo 1 – máximo 4.

Judo: mínimo 8 – máximo 12.

Karate: mínimo 1 – máximo 4.

Loita: mínimo 8 – máximo 12.

Natación: mínimo 8 – máximo 14.

Piragüismo AB: mínimo 5 – máximo 8.

Piragüismo AT: mínimo 14 – máximo 22.

Remo: mínimo 4 – máximo 8.

Taekwondo: mínimo 8 – máximo 12.

Tiro con arco: mínimo 1 – máximo 4.

Tríatlon: mínimo 6 – máximo 10.

Artigo 23. Criterios de valoración para os deportistas de rendemento

23.1. Prazas de residente 2.

a) Deportistas que acadaron un resultado entre os 10 primeiros, nos últimos xogos olímpicos ou paralímpicos, ou campionato do mundo da súa categoría en modalidades olímpicas, ata 10 puntos:

– 1º posto: 10 puntos.

– 2º posto: 9 puntos.

– 3º posto: 8 puntos.

– 4º posto: 7 puntos.

– 5º posto: 6 puntos.

– 6º posto: 5 puntos.

– 7º posto: 4 puntos.

– 8º posto: 3 puntos.

– 9º posto: 2 puntos.

– 10º posto: 1 punto.

b) Deportistas que acadaron un resultado entre os 8 primeiros, no último campionato de Europa da súa categoría en modalidades olímpicas, ata 8 puntos:

– 1º posto: 8 puntos.

– 2º posto: 7 puntos.

– 3º posto: 6 puntos.

– 4º posto: 5 puntos.

– 5º posto: 4 puntos.

– 6º posto: 3 puntos.

– 7º posto: 2 puntos.

– 8º posto: 1 punto.

c) Deportistas incluídos nalgún programa de axuda ao deportista olímpico/paralímpico (bolsas ADO, ADOP, podium): 5 puntos.

d) Deportistas que no curso anterior 2016/17 estiveron formando parte dun grupo de tecnificación no CGTD: 3 puntos.

e) Deportistas que estiveron o curso anterior como residentes, 1 punto. Sempre e cando o deportista que renove non teña un informe negativo da dirección do CGTD, nota de convivencia ou valoración final non satisfactoria. Este criterio non será valorado se non se obtén ningún punto nas epígrafes anteriores.

f) Criterios de desempate no grupo de residente 2.

A prelación de criterios será:

1. A persoa deportista que opte por renovar a súa praza no CGTD.

2. O que obtivo unha maior puntuación sumando os puntos correspondentes ao posto obtido no último campionato de Europa e no último campionato do mundo, xogos olímpicos ou paralímpicos.

3. En caso de continuar o empate, entraría o deportista que obtivo un mellor posto no último campionato do mundo.

4. A de menor idade.

5. Orde alfabética de apelidos e nome iniciando pola letra K conforme o sorteo feito pola Consellería de Facenda no ano 2017, e publicado no Diario Oficial de Galicia do 30 de xaneiro de 2017.

g) O deportista que tendo solicitado unha bolsa de residente 2, no grupo de rendemento, non conseguise acceder a ela, pasará á lista de candidatos ao resto de bolsas de rendemento, segundo os méritos alegados e os criterios recollidos nesta convocatoria.

23.2. Prazas de externo 2.

Na adxudicación destas prazas aplicarase a seguinte prelación:

1º. Para deportistas participantes nos xogos olímpicos, paralímpicos, campionato do mundo, campionato de Europa ou copa do mundo nos anos 2016 ou 2017.

2º. Para deportistas que, no momento da solicitude da bolsa, estean entre os dous primeiros postos da clasificación nacional da súa categoría na presente tempada (2016/17).

3º. Para deportistas campións ou subcampións de España en modalidades olímpicas no ano 2016 ou 2017.

23.3. Prazas de elite.

Orde de prioridades ata cubrir as prazas ofertadas:

1º. Deportistas maiores de 23 anos con participación nos últimos xogos olímpicos, xogos paralímpicos.

2º. Deportistas maiores de 23 anos participantes no campionato do mundo, campionato de Europa ou copa do mundo nos anos 2016 ou 2017 en modalidades olímpicas ou paralímpicas.

3º. Deportistas maiores de 23 anos que, no momento da solicitude da bolsa, estean entre os dous primeiros postos da clasificación nacional.

4º. Deportistas maiores de 23 anos que participasen coa selección española durante os anos 2016 ou 2017.

Artigo 24. Criterios de selección

En caso de que houber máis candidaturas que prazas dispoñibles para acceder ás bolsas de rendemento correspondentes a externo 2 ou a elite, procederíase segundo os criterios a continuación sinalados por orde de prioridade:

1. Quen ocupe unha praza de elite sobre quen ocupe unha de externo 2.

2. Quen renove a súa bolsa fronte a quen se incorpore por primeira vez ao centro.

CAPÍTULO IV
Bolsas para as instalacións situadas en Vilagarcía de Arousa,
Centro Galego de Vela

Artigo 25. Natureza das bolsas

Poderán ser beneficiarios os deportistas que naveguen en clases olímpicas de tecnificación así como de alto rendemento con programas encamiñados a Toquio 2020 e con 16 anos cumpridos en diante.

Os beneficios desta bolsa corresponderán á utilización das instalacións do Centro Galego de Vela situado na Rampla de Cavadelo, s/n, na localidade de Vilagarcía de Arousa e aos medios técnicos (adestradores) á disposición do centro.

Artigo 26. Número de bolsas

Convócanse un máximo de 25 prazas (sen residencia).

A Secretaría Xeral para o Deporte, vista a proposta da comisión de selección, poderá cubrir ou non a totalidade das prazas ofertadas.

Artigo 27. Duración das bolsas

A duración das bolsas será desde o 15 de setembro de 2017 ata o 14 de setembro de 2018.

Artigo 28. Requisitos de acceso

1. Poderán ser beneficiarios das bolsas aqueles deportistas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3 e os seguintes:

– Ter acreditado un nivel alto en clases xuvenís, tendo asistido a campionatos europeos ou mundiais coa selección nacional.

– Cumprir os requisitos antropométricos necesarios para a clase en que se vai adestrar.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas nas cales concorran algunha das circunstancias establecidas a seguir:

– Ter un informe negativo da Dirección do Centro Galego de Vela ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través da comisión de selección sobre o seu comportamento durante a súa estadía no Centro Galego de Vela.

– Ter sanción en firme por dopaxe.

– Ter sanción en firme por algunha das infraccións previstas no artigo 14 do Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva (BOE do 19 de febreiro de 1993).

– Ter sanción en firme por algunha das infracción previstas no artigo 97 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

Artigo 29. Criterios de valoración

Os criterios non serán de aplicación aos deportistas pertencentes ao Proxecto Toquio 2020 da Secretaría Xeral para o Deporte que, cumprindo os requisitos desta convocatoria, terán acceso directo a estas bolsas, supeditando en todo caso a adxudicación á garantía da máxima rendibilidade e utilidade do centro, dos seus servizos e das súas instalacións.

Os criterios de valoración para os deportistas do grupo de tecnificación son, por orde de preferencia, os seguintes:

– Deportistas con participación en xogos olímpicos ou xogos paralímpicos.

– Deportista membro da selección nacional da súa categoría nos anos 2016 e 2017.

– Deportistas participantes no campionato do mundo, campionato de Europa ou copa do mundo en clases olímpicas ou paralímpicas.

– Posto de relevancia na clasificación nacional.

Artigo 30. Equipo técnico proposto pola federación correspondente

1. As federacións disporán dun equipo técnico para o correcto desenvolvemento do proxecto deportivo presentado (anexo II).

2. A relación laboral entre os membros do equipo técnico e a federación deportiva da cal dependen, deberá axustarse, en todo momento, á lexislación laboral vixente.

3. En ningún caso este persoal federativo gardará relación laboral ou doutro tipo coa Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 31. Obrigas das persoas deportistas bolseiras

Os deportistas bolseiros están obrigados a:

1. Cumprimento e revisión mensual do programa establecido pola Federación Galega de Vela.

2. Adestrar un mínimo de 15 días ao mes (polo menos 5 horas no centro e 3 na auga) no Centro Galego de Vela.

3. Asistencia obrigatoria ás convocatorias de nivel autonómico, nacional ou internacional. Estas convocatorias contabilizarán no cómputo xeral da alínea f).

4. Asistencia obrigatoria ás competicións clasificatorias para o equipo preolímpico español, no caso de ser seleccionado polo equipo técnico.

5. Cumprimento do contrato de cesión ou de uso compartido do material, no caso de ter material cedido pola Federación Galega de Vela.

CAPÍTULO V
Doutras disposicións

Artigo 32. Transparencia e bo goberno

1. A presentación da solicitude para participar nesta convocatoria implica o coñecemento e a aceptación das bases que a regulan.

2. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e as axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se poidan impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base.

4. O contido desta convocatoria será publicado na Base de datos nacional de subvencións (BDNS), nos termos previstos no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, modificado polo artigo 30.3 da Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa.

Artigo 33. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar ás persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral para o Deporte. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral para o Deporte, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Secretaría Xeral para o Deporte. Rúa Madrid, núm. 2-4, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a: programas.deportes@xunta.gal.

Artigo 34. Réxime xurídico

O réxime xurídico aplicable a esta convocatoria é o seguinte: Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia; Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; os preceptos declarados básicos pola disposición derradeira primeira da Lei 38/2003, do 17 de novembro (BOE núm. 276, do 18 de novembro), xeral de subvencións; Real decreto 887/2006, do 21 de xullo (BOE núm. 176, do 25 de xullo), polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia; a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e demais normativa de xeral aplicación.

Artigo 35. Recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 a 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira primeira

A persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte poderá ditar, no ámbito das súas competencias, cantos actos e medidas sexan precisos para o desenvolvemento desta resolución.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2017

Marta Míguez Telle
Secretaria xeral para o Deporte

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file