Advertidos erros na referida orde publicada no DOG núm. 130, do 10 de xullo de 2017, procede facer as seguintes correccións:
Na páxina 33266, no punto 3 da instrución oitava, débese engadir ao final do parágrafo e antes do punto final, «… e aplicando ao resultado obtido un incremento do 1 %».
Na páxina 33267, no punto 4 da instrución oitava, débese engadir ao final do parágrafo e antes do punto final, «… e aplicando ao resultado obtido un incremento do 1 %».
Na páxina 33269, no punto 13 da instrución oitava, débese engadir ao final do parágrafo e antes do punto final, «… e aplicando ao resultado obtido un incremento do 1 %».