Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 2 de agosto de 2017 Páx. 36608

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de publicación de extracto de convocatoria de catro postos de traballo.

No Boletín Oficial da provincia número 122, do 27 de xuño de 2017, publicáronse as bases xerais e específicas do proceso selectivo convocado para cubrir catro postos de traballo de auxiliar de xestión tributaria e información, clasificados no grupo C2, polo sistema de concurso oposición libre, vacantes na relación de postos de traballo do persoal laboral fixo da Deputación Provincial de Pontevedra e incluídos na oferta de emprego público do ano 2015.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 27 de xuño de 2017

(Delegación efectuada por Resolución presidencial 2016007829,
do 25 de abril de 2016)
Carlos López Font
Deputado delegado da Deputación Provincial de Pontevedra