Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 4 de agosto de 2017 Páx. 36969

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 26 de xullo de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 7 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente aos exercicios de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301K).

A Orde do 7 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia correspondente aos exercicios de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301K) (DOG núm. 59, do 24 de marzo de 2017) establece, na súa disposición adicional primeira, que os créditos para o financiamento da orde poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de formación para o emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Asuntos Laborais nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de subvencións de Galicia.

A disposición adicional cuarta determina que poderán ditarse resolucións complementarias cando existan fondos provenientes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas, de incrementos das cantidades asignadas á Comunidade Autónoma pola Administración do Estado ou doutros remanentes dos módulos. Neste caso, agás que se acuda a unha convocatoria complementaria, non poderán terse en conta outras solicitudes nin outras inscricións/acreditacións distintas ás tidas en conta para a resolución inicial.

En consecuencia, ao existiren outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, como consecuencia de créditos incorporados, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da referida Orde do 7 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública de subvencións para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondente aos exercicios de 2017 e 2018, coa finalidade de ampliar a subvención ao maior número de beneficiarios posibles.

Por todo o exposto, e no uso das facultades que me foron concedidas,

RESOLVO:

Artigo primeiro

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 7 de marzo de 2017, nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, con créditos incorporados procedentes de fondos finalistas da mesma aplicación e proxecto que o crédito inicial:

Aplicación

Proxecto

Importe (€)

Inicial

2017

2018

09.41.323A.460.1

2013 00545

4.970.496,00

2.485.248,00

09.41.323A.471.0

2013 00545

11.755.533,00

5.877.766,00

09.41.323A.481.0

201300545

10.444.679,00

5.222.339,00

Ampliación

09.41.323A.460.1

2013 00545

242.100,00

-

09.41.323A.471.0

2013 00545

14.881.345,14

-

Total

09.41.323A.460.1

2013 00545

5.212.596,00

2.485.248,00

09.41.323A.471.0

2013 00545

26.636.878,00

5.877.766,00

09.41.323A.481.0

201300545

10.444.679,00

5.222.339,00

Artigo segundo

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2017

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria