Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2017 Páx. 39600

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 10 de maio de 2017.

Antecedentes.

1. Mediante a Orde do 10 de maio de 2017 (DOG núm. 95, do 19 de maio) establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvención para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios.

2. Transcorrido o prazo para a presentación das solicitudes de axuda, leváronse a cabo os requirimentos de emenda daquelas solicitudes que non reunían os requisitos previstos na convocatoria.

3. Rematado o prazo de emenda, a Comisión de Valoración, como órgano colexiado encargado de informar e valorar as solicitudes, emitiu a proposta de resolución de acordo cos criterios establecidos no artigo 17 da convocatoria.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística é o órgano competente para instruír o procedemento administrativo e correspóndelle ao seu titular formular o informe proposta das subvencións e a súa contía que, xunto co informe da Comisión, elevará á persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, quen resolverá, por delegación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo o estipulado na disposición adicional da Orde do 25 de xaneiro de 2012 (DOG núm. 27, do 8 de febreiro).

2. No artigo 19 das bases establécese que o prazo máximo para resolver a concesión de axudas non poderá exceder os cinco meses, contados a partir da publicación da orde de subvencións no Diario Oficial de Galicia (19 de maio de 2017).

De acordo co anterior, dentro do prazo fixado pola norma reguladora da convocatoria, esta secretaría

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 10.30.151A.470.1 e que figuran no anexo I desta resolución.

Segundo. Desestimar os títulos que se relacionan no anexo II, polos motivos que aparecen citados na epígrafe correspondente.

Terceiro. De conformidade co artigo 4.2.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno da Comunidade Autónoma de Galicia, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Secretaría Xeral fará públicos os datos relevantes referidos ás axudas e subvencións concedidas, así como ás sancións impostas aos beneficiarios.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, quen resolverá por delegación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, de acordo co establecido na disposición adicional da Orde do 25 de xaneiro de 2012, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2017

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

ANEXO I

Número de expediente

Solicitante

Título

Importe

2017/000001-0

Xerme Edicións, S.L.

Sorrisos Infantil 1º, 2º, 3º trimestre. 3 anos

1.989 €

2017/000002-0

Xerme Edicións, S.L.

Sorrisos Infantil 1º, 2º, 3º trimestre. 4 anos

1.989 €

2017/000003-0

Xerme Edicións, S.L.

Sorrisos Infantil 1º, 2º, 3º trimestre. 5 anos

1.989 €

2017/000004-0

Xerme Edicións, S.L.

Xeografía e Historia 2º ESO

1.179 €

2017/000005-0

Xerme Edicións, S.L.

Xeografía e Historia 4º ESO

1.656 €

2017/000006-0

Xerme Edicións, S.L.

Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO

1.679 €

2017/000007-0

Xerme Edicións, S.L.

Historia da Filosofía 2º bacharelato

1.525 €

2017/000008-0

Xerme Edicións, S.L.

Bioloxía 2º bacharelato

1.787 €

2017/000009-0

Editorial Vicens Vives, S.A.

Xeografía e Historia 2º ESO

1.477 €

2017/000010-0

Editorial Vicens Vives, S.A.

Xeografía e Historia 4º ESO

2.263 €

2017/000011-0

Editorial Vicens Vives, S.A.

Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO

1.679 €

2017/000012-0

Editorial Vicens Vives, S.A.

CAAP Ciencias aplicadas á actividade profesional 4º ESO

2.168 €

2017/000013-0

Editorial Vicens Vives, S.A.

Valores éticos 2º ESO

2.001 €

2017/000014-0

Editorial Vicens Vives, S.A.

Valores éticos 4º ESO

2.001 €

2017/000015-0

Editorial Vicens Vives, S.A.

BXB Bioloxía e Xeoloxía 1º bacharelato

1.715 €

2017/000016-0

Editorial Vicens Vives, S.A.

Bioloxía 2º bacharelato

1.656 €

2017/000017-0

Editorial Vicens Vives, S.A.

Historia do mundo contemporáneo 1º bacharelato

2.025 €

2017/000018-0

Editorial Vicens Vives, S.A.

Historia de España 2º bacharelato

2.025 €

2017/000019-0

Editorial Vicens Vives, S.A.

Historia da Filosofía 2º bacharelato

1.465 €

2017/000021-0

Editorial Vicens Vives, S.A.

Xeografía 2º bacharelato

2.025 €

2017/000022-0

Editorial Vicens Vives, S.A.

Historia medieval de Galicia 2º ESO

2.382 €

2017/000023-0

Editorial Vicens Vives, S.A.

Historia moderna de Galicia 3º ESO

2.382 €

2017/000024-0

Editorial Vicens Vives, S.A.

Xeografía económica de Galicia 3º ESO

2.382 €

2017/000025-0

Ediciones Don Bosco-Editorial Rodeira-Edebé

Xeografía e Historia 2º ESO

2.299 €

2017/000026-0

Ediciones Don Bosco-Editorial Rodeira-Edebé

Xeografía e Historia 4º ESO

2.299 €

2017/000027-0

Ediciones Don Bosco-Editorial Rodeira-Edebé

Relixión Católica 4º ESO

1.965 €

2017/000028-0

Grupo Anaya, S.A.

Lingua e literatura galega 2º ESO

2.334 €

2017/000029-0

Grupo Anaya, S.A.

Xeografía e Historia 2º ESO

2.132 €

2017/000030-0

Grupo Anaya, S.A.

Lingua galega e literatura 4º ESO

2.334 €

2017/000031-0

Grupo Anaya, S.A.

Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO

1.727 €

2017/000032-0

Grupo Anaya, S.A.

Matemáticas II bacharelato

1.715 €

2017/000033-0

Grupo Anaya, S.A.

Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais II bacharelato

1.715 €

2017/000034-0

Grupo Anaya, S.A.

Bioloxía 2º bacharelato

1.429 €

2017/000035-0

Grupo Anaya, S.A.

Historia de España 2º bacharelato

1.525 €

2017/000036-0

Grupo Anaya, S.A.

Xeografía e Historia 4º ESO

2.156 €

2017/000037-0

Grupo Anaya, S.A.

Xeografía 2º bacharelato

1.822 €

2017/000038-0

Grupo Anaya, S.A.

Historia da Filosofía 2º bacharelato

1.417 €

2017/000039-0

Grupo Anaya, S.A.

Filosofía 4º ESO

1.513 €

2017/000040-0

Grupo Anaya, S.A.

Lingua galega e literatura 2º bacharelato

2.358 €

2017/000041-0

Grupo Anaya, S.A.

Cultura científica 4º ESO

1.798 €

2017/000042-0

Grupo Anaya, S.A.

Retos 3 anos. Educación infantil

1.906 €

2017/000043-0

Grupo Anaya, S.A.

Retos 4 anos. Educación infantil

1.906 €

2017/000044-0

Grupo Anaya, S.A.

Retos 5 anos. Educación infantil

1.906 €

2017/000045-0

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Antropoloxía 1º bacharelato

2.037 €

2017/000047-0

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Programa de mellora. Ámbito lingüístico e social. Nivel 1. 2º ESO

2.263 €

2017/000048-0

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Programa de mellora. Ámbito lingüístico e social. Nivel 2. 3º ESO

2.263 €

2017/000049-0

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

O mundo mariño. Proxecto Interésame. Infantil

1.775 €

2017/000050-0

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

A enerxía. Proxecto interésame. Infantil

1.751 €

2017/000051-0

Servipost Editores, S.L.U.

MF 1443_3 Selección, elaboración, adaptación e utilización de materiais, medios e recursos didácticos en formación profesional

1.584 €

2017/000052-0

Servipost Editores, S.L.U.

UF1645 Impartición de accións formativas para o emprego

1.608 €

2017/000053-0

Servipost Editores, S.L.U.

UF1646 Titorización de accións formativas para o emprego

1.608 €

2017/000054-0

Servipost Editores, S.L.U.

MF1017_2 Intervención na atención hixiénico-alimentaria en institucións

1.584 €

2017/000055-0

Servipost Editores, S.L.U.

MF1019_2 Apoio psicosocial, atención relacional e comunicativa en institucións

1.608 €

2017/000056-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Valores éticos 2º ESO

1.858 €

2017/000057-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Valores éticos 4º ESO

1.858 €

2017/000058-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Filosofía 4º ESO

1.536 €

2017/000059-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Lingua e literatura 2º bacharelato

2.382 €

2017/000060-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Bioloxía 2º Bacharelato

1.405 €

2017/000061-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Xeografía 2º bacharelato

1.858 €

2017/000062-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Historia de España 2º bacharelato

2.263 €

2017/000063-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Historia da Filosofía 2º Bacharelato

1.513 €

2017/000064-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Canto sabemos! A volta ao mundo. Nivel 1. Infantil 3 anos

1.441 €

2017/000065-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Canto sabemos! A volta ao mundo. Nivel 2. Infantil 4 anos

1.441 €

2017/000066-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Canto sabemos! A auga. Nivel 1. Infantil 3 anos

1.560 €

2017/000067-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Canto sabemos! A auga. Nivel 2. Infantil 4 anos

1.560 €

2017/000068-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Canto sabemos! A auga. Nivel 3. Infantil 5 anos

1.560 €

2017/000069-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Canto sabemos! Os romanos. Nivel 3. Infantil 5 anos

1.644 €

2017/000070-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Canto sabemos! Os exipcios. Nivel 2. Infantil 4 anos

1.596 €

2017/000071-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Canto sabemos! As olimpíadas. Nivel 3. Infantil 5 anos

1.644 €

2017/000072-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Canto sabemos! O millo. Nivel 1. Infantil 3 anos

1.798 €

2017/000073-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Canto sabemos! A abella. Nivel 2. Infantil 4 anos

1.751 €

2017/000074-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Avanza lingua e literatura 1º ESO

2.382 €

2017/000075-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Avanza lingua e literatura 2º ESO

2.382 €

2017/000076-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Avanza lingua e literatura 3º ESO

2.382 €

2017/000077-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Avanza Xeografía e Historia 2º ESO

1.858 €

2017/000078-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Avanza Xeografía e Historia 3º ESO

1.858 €

2017/000079-0

Edicións Obradoiro, S.L.

Avanza Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO

1.274 €

2017/000080-0

Baía Edicións A Coruña, S.L.

Grego bacharelato

2.358 €

2017/000081-0

Editorial Luis Vives

Sons da Fala. Lingua Galega. 2º primaria

2.311 €

2017/000082-0

Editorial Luis Vives

Sons da Fala. Lingua Galega. 1º primaria

2.120 €

2017/000083-0

Editorial Luis Vives

Sirabún 1 ano

700 €

2017/000084-0

Editorial Luis Vives

Sirabún 2 anos

898 €

2017/000085-0

Editorial Luis Vives

Constelacións 3 anos. Proxecto que ves?

196 €

2017/000086-0

Editorial Luis Vives

Constelacións 4 anos. Proxecto que ves?

304 €

2017/000087-0

Editorial Luis Vives

Constelacións 5 anos. Proxecto que ves?

244 €

2017/000088-0

Editorial Luis Vives

Seres mitolóxicos 3 anos. Proxecto que ves?

2.203 €

2017/000089-0

Editorial Luis Vives

Seres mitolóxicos 4 anos. Proxecto que ves?

2.203 €

2017/000090-0

Editorial Luis Vives

Seres mitolóxicos 5 anos. Proxecto que ves?

2.203 €

2017/000091-0

Editorial Luis Vives

Auga 3 anos. Proxecto que ves?

235 €

2017/000092-0

Editorial Luis Vives

Auga 4 anos. Proxecto que ves?

253 €

2017/000093-0

Editorial Luis Vives

Auga 5 anos. Proxecto que ves?

303 €

2017/000094-0

Editorial Luis Vives

A horta 3 anos. Proxecto que ves?

250 €

2017/000095-0

Editorial Luis Vives

A horta 4 anos. Proxecto que ves?

250 €

2017/000096-0

Editorial Luis Vives

A horta 5 anos. Proxecto que ves?

320 €

2017/000097-0

Editorial Luis Vives

Proxecto mira como miras as paisaxes. 1º primaria

1.679 €

2017/000098-0

Editorial Luis Vives

Proxecto mira como miras superheroes. 1º primaria

1.676 €

2017/000099-0

Editorial Luis Vives

Proxecto mira como miras a cápsula do tempo. Reloxos

1.679 €

2017/000100-0

Editorial Luis Vives

Proxecto mira como miras o chocolate

1.769 €

2017/000101-0

Editorial Luis Vives

Proxecto mira como miras a auga

1.633 €

2017/000102-0

Editorial Luis Vives

Proxecto mira como miras robots

1.633 €

ANEXO II

Número de expediente

Solicitante

Título

Motivo de denegación

2017/000020-0

Editorial Vicens Vives, S.A.

Historia da arte 2º bacharelato

Art. 16.1.a).2, 2º parágrafo

2017/000046-0

Edicións Xerais de Galicia, S.A.

Psicoloxía 2º bacharelato

Art. 16.1.a).2, 2º parágrafo

2017/000103-0

Seoane Veiga, Yolanda

Materiais dixitais «A prehistoria e moito máis»-educación primaria

Art. 16, penúltimo parágrafo