Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41622

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de convocatoria de participación no Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea, para pemes.

A Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa anuncia a apertura de convocatoria que ten por obxecto promover a participación no Programa Plan internacional de promoción, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder, período 2014-2020) da Unión Europea nas seguintes accións:

1. Misión comercial á India con exhibición de produtos de alimentación e bebidas na Spanish Extravaganza de Mumbai (India, do 25 de novembro ao 4 de decembro de 2017). Sector: alimentación, bebidas e servizos.

2. Visita á feira Anuga (Colonia, Alemaña do 5 ao 13 de outubro de 2017). Sector: alimentación, bebidas, maquinaria e servizos anexos.

Primeiro. Beneficiarios

Pemes, micropemes e autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O número máximo de empresas beneficiarias será:

1. Misión comercial á India con exhibición de produtos de alimentación e bebidas na Spanish Extravaganza de Mumbai (India): 15.

2. Visita á feira Anuga (Colonia, Alemaña): 28.

Segundo. Obxecto

O obxecto da convocatoria é a selección de operacións realizadas polas pemes que contribúan a promover a súa internacionalización e mellorar a súa competitividade, co obxectivo de mellorar a propensión para exportar e a base exportadora da economía española, diversificar os mercados de destino da exportación española e incrementar a competitividade da economía española para impulsar España como destino de investimento.

Terceiro. Convocatoria

O texto completo da convocatoria está á disposición das empresas na sede da Cámara de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. Ademais, pode consultarse a través da web www.camarapvv.es.

Cuarto. Contía

O orzamento máximo de execución das actuacións mencionadas máis abaixo no marco desta convocatoria para o período 2014-2020 é de:

1. Misión comercial á India con exhibición de produtos de alimentación e bebidas na Spanish Extravaganza de Mumbai: 100.000 €.

2. Visita á feira Anuga (Colonia, Alemaña): 25.000 €.

Dentro do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020.

Os recursos estimados para os servizos de apoio prestados pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa serán de:

1. Misión comercial á India con exhibición de produtos de alimentación e bebidas na Spanish Extravaganza de Mumbai: 7.000 €.

2. Visita á feira Anuga (Colonia, Alemaña): 4.000 €.

Cofinanciados nunha porcentaxe do 80 % con cargo aos fondos Feder e nunha porcentaxe do 20 %, pola Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa.

A contía máxima das axudas para outorgar con cargo a esta convocatoria, ás empresas participantes nas seguintes actuacións é:

1. Misión comercial á India con exhibición de produtos de alimentación e bebidas na Spanish Extravaganza de Mumbai: 93.000 €.

2. Visita á feira Anuga (Colonia, Alemania): 21.000 €.

En concepto de subvencións. As axudas serán cofinanciadas nunha porcentaxe do 80 % con cargo aos fondos Feder, a través do Programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020, e o resto financiarase con cargo ás empresas participantes.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta convocatoria, e finalizará o día 29 de setembro de 2017 para a misión comercial á India con exhibición e produtos de alimentación e bebidas, e o día 19 de setembro para a visita á feira Anuga.

O modelo de solicitude de participación poderá descargarse na web www.camarapvv.es.

Vigo, 29 de agosto de 2017

Manuel Fernández Pool
Secretario xeral da Cámara de Comercio, Industria, Servizos
e Navegación de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa