Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Luns, 4 de setembro de 2017 Páx. 41588

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2017 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto unicriterio non suxeito a regulación harmonizada, de 10 obras de recuperación do potencial forestal, sen admisión de variante, sen clasificación, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 (expediente 23/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de obras.

b) Descrición do obxecto: a realización de obras de repoboacións para a recuperación do potencial forestal danado, mediante a preparación , rexeneración e repoboación de superficies afectadas polo lume ou por outros desastres ou catástrofes, correspondentes á submedida 8.40 «Axuda para a reparación dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes».

c) División por lotes e número: si, dez.

Lote 1

32M01/16

Recuperación do potencial forestal das masas dos montes Lama Cega e Bisticovo do Distrito forestal XI, O Ribeiro-Arenteiro

Lote 2

32M29/16

Recuperación do potencial forestal danado en varios montes do concello de Vilar de Barrio, Distrito forestal XV, A Limia (Ourense)

Lote 3

32M30/16

Recuperación do potencial forestal danado no monte comunal de Barxa da CMVMC de Barxa, do concello da Gudiña, Distrito forestal XV, Verín-Viana

Lote 4

32M03/17

Recuperación do potencial forestal danado no monte comunal de Herosa da CMVMC de Herosa, do concello da Gudiña, Distrito forestal XIV Verín-Viana, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Lote 5

32M35/16

Recuperación do potencial forestal danado en varios montes do concello de Baltar, Distrito forestal XV, A Limia

Lote 6

27M09/14

Recuperación do potencial forestal danado nos concellos de Begonte e Guitiriz (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Lote 7

27M07/16

Recuperación do potencial forestal danado nos concellos da Fonsagrada e Navia de Suarna (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Lote 8

27M38/15

Recuperación do potencial forestal danado nos concellos de Lugo e Friol (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020

Lote 9

32M20/17

Recuperación do potencial forestal danado en varios montes do concello de Vilar de Barrio, Distrito forestal XV, A Limia (Ourense)

Lote 10

32M24/17

Recuperación do potencial forestal danado no monte de Serra do Larouco (OR-2010-1) do concello de Xinzo de Limia, Distrito forestal XV, A Limia (Ourense)

d) Prazo de execución: dezaoito (18) meses, a partir da sinatura da acta da implantación.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 45111000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada. Documentalmente simplificado.

Criterios de adxudicación: prezo máis baixo.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 1.830.653,21 €, IVE (ao 10 % e ao 21 %): 192.825,08 €. Importe total: 2.023.478,29 € (cuxa distribución por lotes é a que se especifica no cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 1.830.653,21 €.

5. Financiamento: cofinanciado con fondos Feader nun 75 %. Submedida 8.40 (axuda para a reparación dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes), nun 7,5 % con fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) e nun 17,50 % con fondos da Xunta de Galicia.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe, mais se conta coa clasificación grupo K, subgrupo 6, categoría que corresponda, tendo en conta o valor medio anual dos lotes a que licite, estará exento de acreditar a solvencia.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas alíneas J e K do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % orzamento de licitación de cada lote, excluído o IVE.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, 15781, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 48 e 981 54 57 37 (consultas administrativas); 981 54 60 71 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=193715

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos vinte e seis (26) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 11.00 horas do décimo segundo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte. No caso de non ser posible nesa data, tería lugar na data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante.

11. Gastos de publicidade: os custos do anuncio no DOG serán por conta dos adxudicatarios.

12. Outras informacións: establécense condicións especiais de execución na alínea X do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Establécese unha limitación ao número de lotes a que se pode presentar un licitador: como máximo poderase licitar a tres lotes (sempre que se cumpran as condicións de solvencia para licitar a varios lotes conxuntamente).

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2017

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural