Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2017 Páx. 41643

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria e se modifica a distribución entre créditos orzamentarios da Resolución do 8 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Principia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN848C).

A Resolución do 8 de xuño de 2017 establece as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Principia), e procédese á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN848C).

No seu artigo 6 establécense as aplicacións orzamentarias e os importes previstos para o financiamento das devanditas subvencións, así como a posibilidade de ampliar os créditos dedicados a esta convocatoria, logo da declaración de dispoñibilidade de crédito, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Actualmente, nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible procedente da Lei 3/2017, do 13 de xullo, de impulso ao crecemento económico e reforzo do gasto social e de modificación da Lei 1/2017, do 8 de febreiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017 (DOG núm. 134, do 14 de xullo), polo que se considera oportuno ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente e incrementar o número total de axudas convocadas.

Polo que antecede,

RESOLVO:

Artigo 1. Ampliación do financiamento

Ampliar a dotación orzamentaria para a anualidade 2017 da Resolución do 8 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de tecnólogos para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Principia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento IN848C).

Na táboa seguinte detállanse os créditos definitivos:

Beneficiarios

Aplicación

Código do proxecto

Crédito inicial para a anualidade 2017

Crédito definitivo para a anualidade 2017

Empresas

09.A3.561A.470.0

2016 17

700.000 €

1.700.000 €

Organismos de investigación

09.A3.561A.480.0

2016 17

400.000 €

400.000 €

Total

1.100.000 €

2.100.000 €

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2017

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación