Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 13 de setembro de 2017 Páx. 42279

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 7 de marzo de 2017 pola que se convocan as probas de constatación da competencia profesional para o desempeño das funcións de xestor de transporte en empresas de transporte por estradas (Diario Oficial de Galicia número 51, do 14 de marzo).

Artigo único. De conformidade coas previsións contidas no Regulamento 1071/2009, do 21 de outubro; na Lei orgánica 5/1987, do 30 de xullo; na Lei 16/1987, do 30 de xullo; no Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, e na Orde do Ministerio de Fomento do 28 de maio de 1999, e de acordo coa autorización conferida pola Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 8 de xuño de 1989, modifícase a composición do tribunal designado na base decima primeira da Resolución do 7 de marzo de 2017 que se cita no encabezamento, no seguinte sentido:

Noméase como presidenta suplente a: Mª Carmen Arnoso Calvo.

Noméase como secretario a: Enrique Álvarez Romero, que substitúe a David Conde Varela.

Noméase como vogal suplente a: Tamara Subiela Gómez, que substitúe a Ignacio Maestro Saavedra.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2017

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade