Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 14 de setembro de 2017 Páx. 42374

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2017 pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciados co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo 2014-2020 de Galicia.

O artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, establece que o persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia estará formado tanto por persoal de carácter profesional de servizos que realice algunha actividade relacionada coa xestión de riscos e de emerxencias como por persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan como fin a protección de persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias. Segundo o artigo 44 da citada lei, este persoal organizarase en grupos operativos.

Pola Resolución do 2 de agosto de 2010 publicouse o Plan territorial de emerxencias de Galicia (Platerga), onde se establece a estrutura de dirección e coordinación e as unidades organizativas para facer fronte dun xeito coordinado ás emerxencias que poidan producirse en Galicia derivadas de riscos naturais, tecnolóxicos ou antrópicos.

Conforme o establecido no artigo 46 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, e na Lei 1/2007, do 15 de xaneiro, da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), anúnciase a convocatoria dos cursos de formación continua dirixidos ao persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme as seguintes bases:

Primeira. Actividades formativas

As actividades formativas serán as que se especifican no anexo desta resolución, na cal se indica tamén, de ser o caso, o número de edicións por curso, número de horas lectivas, número de prazas, datas de realización e horarios dos distintos cursos. Estas actividades formativas terán preferentemente horario de mañá e de tarde.

Todos os cursos convocados se realizarán na Academia Galega de Seguridade Pública (r/ Cultura, s/n, A Estrada, Pontevedra), sen prexuízo de que algunhas actividades formativas concretas o módulos se poidan facer fora das súas instalacións.

De ser o caso, as persoas seleccionadas nas diferentes actividades formativas serán notificadas por correo electrónico de calquera outra información necesaria.

Segunda. Contido das actividades formativas

O contido das diferentes actividades formativas convocadas pola presente resolución pode consultarse na páxina web da Academia Galega de Seguridade Pública (http//agasp.xunta.es) na epígrafe «Formación».

Terceira. Destinatarios/as

Persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil (AVPC) dos concellos de Galicia.

Este persoal forma parte do Sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia).

Cuarta. Requisitos de participación dos/das solicitantes

1. Requisitos xerais:

a) Ter prioritariamente a condición de demandante de emprego.

b) Ter superado o curso básico de protección civil.

c) Estar como voluntario/a activo/a na correspondente AVPC.

d) Para os cursos de condución, permiso de conducir B1.

Unha vez acreditadas as alíneas b), c) e, se for o caso d), deberá constatarse a condición de demandante de emprego do/da solicitante e a selección para a cobertura das prazas realizarase de acordo cos criterios establecidos na base sétima.

No suposto de existiren prazas vacantes non cubertas por desempregados, acrecentaranse aos restantes solicitantes que non cumpran a dita condición seguindo os criterios da base sétima.

2. Requisitos físicos/psíquicos: os/as solicitantes deberán acreditar que non padecen enfermidade nin están afectados por limitación física ou psíquica incompatible coa realización das accións formativas ou co desempeño das funcións correspondentes ao curso a que se opta, mediante declaración que se efectuará xunto coa solicitude de matrícula no curso, e será obriga de cada alumno/a poñer en coñecemento da Agasp calquera alteración relacionada con ela.

Quinta. Solicitudes

a) O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática dispoñible na páxina web da Agasp (http://agasp.xunta.es); non se admitirá ningunha outra forma ou modelo de solicitude.

É preciso que todas as persoas que desexen participar en cursos da Agasp manteñan actualizados os seus datos persoais, especialmente a conta de correo electrónico e o teléfono móbil, co obxecto de posibles comunicacións. No suposto de non seren correctos ou exactos tales datos, a Agasp non é responsable dos posibles prexuízos causados aos interesados.

b) As persoas que non sexan usuarias da páxina web da Agasp deberán previamente darse de alta nela, para o que é necesario facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

c) En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información poderán dirixirse á Agasp a través dos números de teléfono 886 20 61 12, 886 20 61 37 e 886 20 61 38, do fax: 886 20 61 23 ou do enderezo de correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.es, que adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación de solicitudes.

d) A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección das persoas aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso durante o prazo dun ano computado desde o momento en que se detecte o feito.

e) Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non teñan cubertos correctamente todos os datos para realizar a selección do alumnado, non se axusten ao modelo normalizado ou sexan presentadas fóra de prazo.

f) Non está permitida a realización de cursos que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no cal xa foi seleccionado, debe renunciar a un deles.

Sexta. Prazo de inscrición

O prazo de inscrición é de sete (7) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que reúna os requisitos do curso, poderá completarse o alumnado asignado a este mediante a apertura dun novo prazo público de presentación de solicitudes na páxina web da Agasp, coa antelación posible en función da data do curso e para que teña lugar unha adecuada selección das persoas candidatas.

Sétima. Criterios de selección

Os criterios de selección son os seguintes e na orde indicada:

1º. Teñen preferencia as persoas que estean en situación de demandantes de emprego.

2º. De acordo co artigo 50 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, en cada edición do curso reservarase un cincuenta por cento das prazas para mulleres que reúnan os requisitos exixidos na convocatoria.

3º. Teñen preferencia as persoas de maior rango xerárquico na AVPC.

4º. Teñen preferencia as persoas con máis antigüidade como voluntarias de protección civil.

5º. Teñen preferencia as persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos dous anos.

Aplicada a anterior selección combinada para desempregados, no suposto de existiren vacantes, realizarase igual proceso para os solicitantes empregados. Cando no proceso de selección de desempregados non se complete a reserva do punto segundo, a dita reserva, de existir suficiente número de solicitantes, continuará aplicándose no colectivo de empregados ata chegar á referida porcentaxe.

Os solicitantes que realizasen anteriormente o curso poderán ser seleccionados para realizalo no suposto de existiren vacantes. De non existiren vacantes, poderán figurar na lista de reserva despois dos solicitantes que non teñan o curso.

Oitava. Acreditación da condición de desempregado/a

1. A tramitación das solicitudes de inscrición nas actividades formativas incluídas nesta convocatoria require a verificación de datos en poder das administracións públicas. Por tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas á Agasp para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos.

2. A presentación da solicitude de inscrición nas actividades formativas incluídas nesta convocatoria pola persoa interesada comportará a autorización á Agasp para a consulta da súa situación laboral no Servizo Público de Emprego.

3. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar o consentimento para a mencionada consulta sinalando a epígrafe correspondente na solicitude de matrícula. Neste suposto, presentará no enderezo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.es a tarxeta de demandante de emprego actualizada.

4. O prazo de presentación da documentación mencionada no punto anterior é o mesmo que para a presentación de solicitudes de inscrición e a documentación presentada fóra de prazo poderá non ser tida en conta no proceso de selección do alumnado para as diferentes actividades formativas.

Novena. Admisión

A Agasp publicará na súa páxina web http://agasp.xunta.es unha relación das persoas seleccionadas para participaren en cada curso, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os/as alumnos/as seleccionados/as serán informados da súa selección a través do correo electrónico e tamén, para quen facilite un número de teléfono móbil, a través dunha mensaxe telefónica.

O alumnado seleccionado só poderá renunciar ao curso por causas de forza maior suficientemente xustificadas.

A renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formacion.emerxencias.agasp@xunta.gal ou por fax ao número 886 20 61 23, e cunha antelación mínima de tres días hábiles ao inicio do curso, co fin de poder cubrir a vacante.

A Agasp reserva para si o dereito de solicitar todos aqueles datos que considere necesarios para a adecuada realización da selección.

Décima. Uniformidade

É obrigatorio asistir ao curso co uniforme de traballo. As persoas que incumpran esta norma poderán ser dadas de baixa na actividade.

Décimo primeira. Aloxamento e manutención

A Agasp proporcionará sempre que sexa posible aloxamento de luns a venres na súa residencia a todas as persoas seleccionadas que o soliciten. Unha vez comunicada a selección, a persoa interesada deberá solicitar o aloxamento enviando unha mensaxe ao correo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.es

Todo isto condicionado ás dispoñibilidades organizativas e orzamentarias da Agasp.

A Agasp tamén proporcionará a manutención ás persoas desempregadas admitidas nos cursos cunha duración superior ás 30 horas e que así o soliciten, nos termos que esta estableza e sempre dentro do recinto da Agasp.

Décimo segunda. Dereitos e deberes do alumnado participante

Durante o desenvolvemento da actividade ao alumnado seralle de aplicación, en canto aos dereitos e deberes, o previsto no Regulamento de réxime interior da Agasp.

O alumnado dos cursos deberá dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de execución e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) núm. 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao FSE. Os indicadores de execución relativos ao alumnado refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coa operación, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior ao da finalización da súa vinculación coa operación e as catro semanas seguintes. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa operación cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. Para estes efectos, seranlles facilitados os oportunos cuestionarios, que terán que respectar o principio de integridade dos datos.

Décimo terceira. Faltas de asistencia

O Regulamento de réxime interior da Agasp regula no seu artigo 16 as faltas de asistencia nos cursos:

«1. A asistencia ás clases e actividades comprendidas no programa do curso é obrigatoria. As faltas que as/os alumnas/os acumulen deberán xustificarse debidamente e penalizaranse disciplinariamente en caso contrario.

2. A/o alumna/o que, por enfermidade ou algunha outra causa xustificada, perda máis do 10 % das clases do curso de formación será declarado non apto e poderá incorporarse ao curso seguinte ou cando a causa determinante llo permita.

De ser necesario, e só nos casos en que a inasistencia ás clases estea motivada por accidente ou lesión sufridos con ocasión da actividade académica, o director xeral poderá considerar a conveniencia ou a oportunidade de permitir ao/á alumno/a poder recuperar ata un determinado número de horas e participar posteriormente nun exame extraordinario para poder superar o curso sen ter que repetilo.

3. No entanto, aínda que as ausencias acumuladas non cheguen á porcentaxe sinalada, a/o alumna/o poderá verse obrigado a recuperar todas ou parte das horas perdidas ao longo do curso. Neste caso a xefatura de ensino proporá ao director xeral o número de horas que se deban recuperar, tendo en conta, en cada caso concreto, o tipo de xustificación presentada para cada ausencia, así como o número total destas e o comportamento e a actitude da/o alumna/o ao longo do curso».

Décimo cuarta. Certificado de aproveitamento

Ao finalizar a actividade entregarase un certificado de aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada e superen a proba final.

Décimo quinta. Financiamento da actividade

Esta actividade é cofinanciada nun 80 % polo Fondo Social Europeo dentro do programa operativo Fondo Social Europeo de Galicia 2014-2020, no eixe 1B, obxectivo temático 08-Promover a sustentabilidade e a calidade no emprego e favorecer a mobilidade laboral. Prioridade de investimento 08.01-Facilitar o acceso ao emprego dos desempregados e persoas inactivas, incluíndo as persoas paradas de longa duración e persoas afastadas do mercado laboral, incluídas as iniciativas locais de emprego e apoio á mobilidade laboral. Obxectivo específico 08.01.02-Mellorar a empregabilidade especialmente das persoas desempregadas e/ou demandantes de emprego, a través da adquisición e/ou actualización de competencias profesionais.

Décimo sexta. Facultades da Agasp

A Agasp poderá modificar sen necesidade de nova publicación o desenvolvemento normal da actividade para adaptala ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Agasp tamén poderá, sen necesidade de nova publicación, suprimir o curso, cambiar as datas de celebración do mesmo, ampliar novas edicións ou prazas deste, ou suspendelo, cando así veña exixido por circunstancias que afecten a súa organización ou docencia.

Así mesmo, facúltase o director xeral para ditar resolución sen necesidade de nova publicación para interpretar, se for o caso, o desenvolvemento da convocatoria ou docencia.

A Estrada, 11 de setembro de 2017

Luis Menor Pérez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO
Cursos de formación continua para o persoal das agrupacións de voluntarios/as de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia

Denominación do curso

Nº de edicións

Horas lectivas

Prazas por edición

Datas

Horario

Lugar

Curso de comunicacións de emerxencia para voluntarios de protección civil

2

12

30

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

21 e 22 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas. Último día das 9.00 ás 14.00 horas

2ª edición

2ª edición

18 e 19 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas. Último día das 9.00 ás 14.00 horas

Curso de fomento da cultura preventiva en escolares

1

15

30

18 e 19 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.30 ás 19.00 horas

Agasp (A Estrada)

Control e intervención en niños de vespa velutina, plan de actuación

1

8

20

29 de setembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas

Agasp (A Estrada)

Rescate, manexo e contención de animais en emerxencias

1

8

16

6 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas

Agasp (A Estrada)

Intervencións en presenza de riscos eléctricos

1

8

16

27 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas

Agasp (A Estrada)

Intervención no tráfico, sinalización circunstancial e balizamento

2

16

25

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

19 e 20 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas

2ª edición

2ª edición

2 e 3 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas

Seguridade nas probas deportivas de motor

2

8

20

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

8 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas

2ª edición

2ª edición

15 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas

Coordinación e colaboración na intervención e investigación de accidentes de tráfico. A toma de datos

2

16

25

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

30 e 31 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas

2ª edición

2ª edición

13 e 14 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas

Incidentes con múltiples vítimas

1

56

20

30 e 31 de outubro; 13, 14, 15 e 30 de novembro e 1 de decembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas

Agasp (A Estrada)

Intervención en accidentes de tráfico en autobuses para AVPC

1

32

20

28 e 29 de setembro e 9 e 10 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas

Agasp (A Estrada)

Intervención en accidentes de tráfico de vehículos pesados

2

40

20

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

2, 3, 16, 17 e 18 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas

2ª edición

2ª edición

6, 7, 20, 21 e 22 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas

Apoio psicolóxico básico e manexo de estrés en situacións críticas de emerxencia e catástrofe

2

16

25

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

2 e 3 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas

2ª edición

2ª edición

30 de novembro e 1 de decembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas

Aspectos fundamentais da Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais

2

25

25

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

2, 3 e 4 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 19.00 horas. Último día ata as 18.30 horas

2ª edición

2ª edición

27, 28 e 29 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 19.00 horas. Último día ata as 18.30 horas

Especialización en redes sociais para voluntarios

1

20

20

2, 3 e 4 outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas. Último día das 9.30 ás 13.30 horas

Agasp (A Estrada)

Coordinación coa actividade policial na protección de autoridades AVPC

2

20

20

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

2, 3, 4 e 5 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas

2ª edición

2ª edición

27, 28, 29 e 30 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas

Condución de vehículos todoterreo

2

20

20

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

16, 17 e 18 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.00 horas. Último día das 9.00 ás 14.00 horas

2ª edición

2ª edición

18, 19 e 20 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.00. Primeiro día das 15.00 ás 20.00 horas

Condución de emerxencias

1

20

20

23, 24 e 25 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.00 horas. Último día das 9.00 ás 14.00 horas

Agasp (A Estrada)

Hidráulica aplicada aos servizos de protección civil

1

21

20

9, 10 e 11 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas. Último día das 9.00 ás 14.00 horas

Agasp (A Estrada)

Coordinación e actuación en grandes sinistros para PC

1

21

25

6, 7 e 8 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas. Último día das 9.00 ás 14.00 horas

Agasp (A Estrada)

O teléfono móvil como ferramenta na xestión e intervención de emerxencias

2

20

16

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

10 e 11 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 20.30 horas

2ª edición

2ª edición

14 e 15 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 20.30 horas

Inmobilización, mobilización e traslado de vítimas traumáticas en zonas de difícil acceso: manexo de padiolas de rescate

2

20

16

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

18 e 19 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 20.30 horas

2ª edición

2ª edición

21 e 22 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 20.30 horas

Nós para protección civil e GES: nós útiles en operacións de salvamento

2

20

16

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

4 e 5 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 20.30 horas

2ª edición

2ª edición

7 e 8 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 20.30 horas

Coñecemento, manexo e mantenemento do material dos remolques de salvamento para protección civil e GES

2

20

16

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

25 e 26 outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 20.30 horas

2ª edición

2ª edición

28 e 29 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 20.30 horas

Intervención, auxilio e rescate en terreo nevado

2

20

16

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

29 e 30 novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 20.30 horas

2ª edición

2ª edición

2 e 3 decembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 20.30 horas

Novas tecnoloxías aplicadas á busca de persoas desaparecidas: drons, imaxes dixitais e localización por satélite

2

20

16

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

8 e 9 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 20.30 horas

2ª edición

2ª edición

11 e 12 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 20.30 horas

Topografía aplicada ás emerxencias

1

20

16

15 e 16 novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 20.30 horas

Agasp (A Estrada)

Socorrismo e primeiros auxilios con recursos de fortuna

2

20

16

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

22 e 23 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 20.30 horas

2ª edición

2ª edición

25 e 26 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 20.30 horas

Inglés básico na atención á cidadanía

1

20

20

6, 7 e 8 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas. Último día das 10.00 ás 14.00 horas

Agasp (A Estrada)

Facerse entender: habilidades sociais no trato á cidadanía

1

20

20

20, 21 e 22 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas. Último día das 10.00 ás 14.00 horas

Agasp (A Estrada)

Reaccións ante situacións de emerxencia vital. Técnicas de autoxestión, empatía e escoita

1

20

20

27, 28 e 29 de novembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 18.30 horas. Último día das 10.00 ás 14.00 horas

Agasp (A Estrada)

Aspectos fundamentais da Lei orgánica 4/2015, do 30 de marzo, de protección da seguranza ciudadá

2

20

20

1ª edición

1ª edición

Agasp (A Estrada)

2, 3 e 4 de outubro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 20.30 horas

2ª edición

2ª edición

29 e 30 de novembro e 1 de decembro

Das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 20.30 horas