Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 29 de setembro de 2017 Páx. 44425

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre de 2017.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro) procédese a publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade aos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda no segundo cuadrimestre do ano 2017, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda no segundo cuadrimestre de 2017

Descrición

Data sinatura

Importe

Prórroga do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de transporte metropolitano de Lugo, asinado o 29 de decembro de 2010

12.5.2017

117.489.90 €

Convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra para o desenvolvemento da futura estación intermodal de Pontevedra

2.8.2017

0