Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 2 de outubro de 2017 Páx. 44676

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que designan os membros e se fai pública a composición do xurado de selección que analizará e valorará as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2016/17.

En virtude da autorización conferida pola disposición derradeira primeira da Orde do 31 de agosto de 2017 pola que se convocan os premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, de Danza, e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2016/17, e de conformidade co establecido no artigo 11 desa orde, en relación coa composición do xurado de selección encargado da análise e valoración das solicitudes,

DISPOÑO:

Primeiro. Designar os membros do xurado de selección que deberá analizar e valorar as solicitudes dos aspirantes aos premios extraordinarios nas ensinanzas artísticas profesionais nas modalidades de Música, Danza e de Artes Plásticas e Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao curso 2016/17 e facer pública a súa composición que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. O xurado poderá dispoñer a constitución dunha comisión técnica especializada para colaborar na valoración dos méritos das persoas aspirantes.

Terceiro. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2017

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional
e Innovación Educativa

ANEXO
Xurado de selección

a) Modalidade de Música.

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

Álvaro Ariño Roure, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.

Gustavo Lorenzo Prozzo, inspector de Educación.

María Rosario Ureña Lara, asesora de Ensinanzas de Réxime Especial.

Secretaria: Laura Lima Paz, funcionaria da Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, que actuará con voz e sen voto.

b) Modalidade de Danza.

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

Álvaro Ariño Roure, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.

Concepción Aramburu Sánchez, inspectora de Educación.

María Ángeles Gayoso Diz, profesora de Música e Artes Escénicas.

Secretaria: Laura Lima Paz, funcionaria da Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, que actuará con voz e sen voto.

c) Modalidade de Artes Plásticas e Deseño.

Presidente: Juan Durán Alonso, subdirector xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

Álvaro Ariño Roure, xefe do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial.

Jesús Risueño López, inspector de Educación.

Gonzalo Porral Mato, profesor de Artes Plásticas e o Deseño.

Secretaria: Laura Lima Paz, funcionaria da Subdirección Xeral Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial, que actuará con voz e sen voto.